As siglas son palabras formadas polo conxunto de letras iniciais dunha expresión complexa. Por exemplo: Unión Europea = UE

Tamén se denomina sigla a cada unha das letras que forman a mencionada palabra.

Pódense escribir puntos entre cada letra, pero o máis común é omitilos a menos que se queira salientar o seu carácter de sigla.

Cando a sigla se pronuncia habitualmente soa, denomínase acrónimo e é frecuente escribilo en minúsculas. Por exemplo láser, radar ou sida.

Cando as siglas son as iniciais de varias palabras que están en plural, adóitanse dobrar as letras. Por exemplo: Estados Unidos = EE.UU. Comisións Obreiras = CC.OO. Ferrocarís do Estado FF.CC. do E. Neste caso pódense usar os espazos no canto de puntos: EE UU. Este tipo de siglas non se soletrean senón que se len igual có nome completo. Outra incorrección común é escribir puntos entre cada letra: Recursos humanos = R.R.H.H., RR.HH.

Véxase tamén Outros artigos Abreviatura acrónimo Acrónimo recursivo Epónimo Homonimia Lista de acrónimos en medicina Lista de siglas e acrónimos Lista de siglas e acrónimos de informática Polisemia Pseudónimo Sinonimia Ligazóns externas

"Relación de siglas e acrónimos máis habituais" (2011). Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística - Universidade da Coruña. Siglas en inglés, português e español

Categoría:Ortografía Categoría:Lexicoloxía