O HC Vítkovice Steel é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ostrava, República Checa. O club foi fundado en 1928 e actualmente compite na Extraliga Checa, a máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, competición da que foi finalista en catro ocasións (1997, 2002, 2010 e 2011). Xoga os seus partidos como local no ČEZ Arena (antes chamado Palác kultury a sportu Ostrava-Vítkovice), un pavillón con capacidade para 10.157 espectadores.

Historia O club foi fundado en 1928 en Vítkovice, un barrio ao sur de Ostrava, froito da fusión entre SK Moravská Ostrava, Slavia e SK Slovan. Na tempada 1936-37 converteuse nun dos fundadores da liga checoslovaca, debutando na competición fronte ao Sparta Praha. En 1943 descendeu por primeira vez á segunda categoría, retornando á elite en 1949. Tras conseguir dous segundos postos, o Vítkovice gañou o campionato nacional na tempada 1951-52.

En 1960, o equipo descendeu novamente á segunda divisións, ascendendo e descendendo de novo catro anos despois. En 1973, o club regresou á máxima categoría, e na tempada 1980-81 conseguiu o seu segundo título de campión de Checoslovaquia. Un ano despois, o equipo de Ostrava conseguiu o subcampionato da Copa de Europa por detrás do CSKA Moscova. Mais debido á marcha dos seus principais xogadores, o equipo descendeu de novo en 1985, retornando novamente á elite en 1988 para descender novamente despois.Grandes datas da historia do club en http://www.hc-vitkovice.cz/

O 1 de xaneiro de 1993, a causa da disolución da Checoslovaquia, o equipo abandonou o campionato checoslovaco para pasar a competir na Extraliga Checa. Dende 2003 o equipo é denominado HC Vítkovice Steel.Historia do club en http://www.hc-vitkovice.cz .

Denominacións Ao longo da súa historia, o club competiu baixo as seguintes denominacións:

1928 - SSK Vítkovice (Sportovně společenský klub) 1936 - ČSK Vítkovice (Český sportovní klub) 1945 - SK Vítkovické železárny 1948 - Sokol Vítkovické železárny 1952 - Baník Vítkovice 1957 - VŽKG Ostrava (Vítkovické železárny Klementa Gottwalda) 1976 - TJ Vítkovice 1993 - HC Vítkovice

Palmarés 2 Campionatos Checoslovacos: 1952 e 1981

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Vítkovice