Jurassic Park (en galego, Parque Xurásico) é unha novela de ciencia ficción escrito polo autor estadounidense Michael Crichton. A miúdo considerado como unha obra que advirte dos perigos da experimentación biolóxica do mesmo que o Frankenstein de Mary Shelley, emprega como metáfora o colapso dun parque de dinosauros creados enxeñaría xenética para ilustrar o concepto matemático da teoría do caos e as súas implicacións filosóficas. En 1993, Steven Spielberg adaptou o libro no filme Parque Xurásico, que gañou tres 3 Premios Oscar, 19 outros premios e 15 nomeamentos. A secuela do libro, The Lost World (1995), tamén foi adaptada por Spielberg no filme The Lost World: Jurassic Park de 1997. Un terceiro filme, dirixido por Joe Johnston, inclúe varios elementos, temas e escenas dos dous libros que finalmente non foron empregados en ningún dos filmes anteriores.
Animais prehistóricos que aparecen na novela Tyrannosaurus rex Velociraptor Tricerátops Estegosauro Dilophosaurus Procompsognathus Apatosaurus (algunhas versión da novela substitúen este dinosauro polo Camarasaurus) Maiasaura Hypsilophodon Hadrosaurus Microceratus (algunhas versión da novela substitúen este dinosauro polo Callovosaurus) Othnielia Euoplocephalus Styracosaurus Cearadactylus Coelurosauria tamén foi mencionada polo Dr. Wu como outra das especies que se clonaron no parque
Véxase tamén Ligazóns externas Mapa da Illa Nublar Páxina oficial
Jurassic Park na páxina web oficial de Michael Crichton
Categoría:Novelas en inglés Categoría:Novelas de ciencia ficción Categoría:Obras literarias de 1990