Para os usos de CAP en bioquímica ver proteína activadora por catabolito. O Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) é o requirimento indispensable en España para que os licenciados, enxeñeiros superiores, arquitectos ou equivalentes poidan exercer o ensino secundario segundo a Lei Orgánica 1/1990 do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOGSE). Tamén se adoita denominar CAP ao Curso de Aptitude (ou Adaptación) Pedagóxica que leva á súa obtención.
A base normativa encóntrase na Lei Xeral de Educación de 1970 e na Orde Ministerial do 8 de xullo de 1971.
Segundo o Real Decreto do 4 de xuño de 1993, non é necesario cursalo para o ingreso nas especialidades de tecnoloxía, psicoloxía e pedagoxía e formación empresarial, nin tampouco en ningunha das correspondentes ao Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional. É dicir, os diplomados ou enxeñeiros técnicos (ademais dos licenciados) que poden optar ás prazas de profesor de ditas áreas non están obrigados a cursalo.
Variantes A pesar das múltiples reformas educativas, a formación do profesorado de secundaria seguiu rexéndose polo CAP. Aínda que houbo propostas para modificar a certificación, mantívose o CAP como un estándar vixente, xunto co máis recente Máster en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. O proxecto de modificación máis avanzado foi o CCP, publicado no R.D. 162/1995, pero nunca se chegou a implantar completamente debido a un cambio de goberno en 1996.
O curso 2009/2010 foi o primeiro no que non se impartiu o CAP, e no seu lugar implantouse o equivalente Máster en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, debido á entrada en vigor do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), coñecido como Plan Boloña.
Notas
Véxase tamén Control de autoridades Formación Educación Ensino superior Mestrado
Categoría:Ensino en España