Ramón María Villar Ulloa, nado en Lalín o 5 de maio de 1828 e finado o 4 de abril de 1913, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Villar e Manuela Ulloa Pimentel, era sobriño e foi o herdeiro de José Ulloa Pimentel. Estudou xurisprudencia e dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1842-1854). Foi alcalde de Lalín (1857), deputado provincial e foi elixido deputado a Cortes en 1867. Foi padriño de Ramón María Aller Ulloa. Despois da Desamortización comprou algunhas posesións do Mosteiro de Oseira, onde viviu e foi soterrado.

Véxase tamén Bibliografía Ramón María Villar Ulloa, abogado y diputado

Ligazóns externas Los Ulloa de San Pedro de Orazo (A Estrada, Pontevedra)

Categoría:Avogados de Lalín Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1913