A Banda de Música Municipal de Celanova é unha banda de música do concello de Celanova, unha das bandas máis antigas de Galicia.
Historia Existen documentos que falan da existencia da Banda dende 1850. Manuel Chamuchín, un músico residente en Celanova, é en quen recae o traballo de coordinación dos primeiros pasos da corporación municipal, ó ser contratado como "mestre de música". Tras del virían numerosos directores que tras varias etapas darían lugar o que é hoxe a Banda de Música Municipal de Celanova.
En 1920 xurdiu a Sociedade de Amigos da Banda de Música, que aínda hoxe segue vixente baixo a presidencia de Fernando Martínez Menchón. Esta encárgase de apoiar e xestionar a Banda de Música e a Escola de Música.
Ó longo da súa historia, a banda participou en numerosas actuacións no territorio galego, así como no resto de España, Portugal e Venezuela.
Directores da banda Directores AnoManuel Chamuchín1850 - 1853Genaro Durán1853 -1855Higinio Gíl1857 – 1861Manuel Sánchez1863 – 1870Manuel Asensio1870 – 1871Sen actividade municipal coñecida1872 – 1894José Sánchez ?1894 – 1908José Sánchez1908 – 1920Eduardo Pierrá1920 – 1928José Pena1928 – 1929Anastasio Hernández1929 – 1934Luis Berney1934 -1940?Baristain 1940 -1944?Faustino Pulpeiro1944 – 1952José Fariñas1952 -1956?Jesús Vázquez1956 -1962?Antonio Domínguez1962 – 1966Eulogio López Masid1966 – 1968José Zaldo García1968 – 1973Antonio Cuevas1973 – 1976Miguel de Santiago1976 – 1978Javier Gargallo1978 – 1979Miguel de Santiago1979 – 1980Alfonso Salvatierra1980 – 1985Alejandro del Río1985 – 1988Arsenio Alonso Araujo1988 – 1994José Zaldo García1994 – 2014Miguel Pérez Lorenzo 2014 – Actualidade
Premios A Banda Municipal de Celanova foi galardoada con numerosos premios destacando os acadados en certames musicais tan prestixiosos coma os que se celebraban en Ribadavia, Lugo, Ourense e Oviedo, onde acadou premios respectivamente nos anos 1934, 1968, 1971 e 1976. Recentemente acadou o terceiro posto no I Certame Internacional de Bandas Ciudad de Benavente celebrado en Benavente, León no 2018. Foi Premio Martín Códax da Musica en 2026.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Banda de Música Municipal de Celanova Escola de Música Banda de Celanova (EMBC) .
Celanova Categoría:Celanova
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos