Dolores Vázquez Mosquera, nada en Betanzos o 3 de decembro de 1951, é unha cidadá galega que acadou notoriedade por ser vítima dun erro xudicialJusticia admite que hubo un error con Dolores Vázquez y propone 120.000 euros de indemnización, ''Sur. nas primeiras décadas do século XXI en España.

O caso Wanninkhof Dolores Vázquez traballaba nun hotel de Mijas a finais do século XX, cando se produciu a desaparición de Rocío Wanninkhof, unha moza de dezanove anos desa localidade e filla da súa anterior parella, Alicia Hornos. A rapaza saíra de noite o 14 de outubro de 1999 para ir ás festas de Fuengirola despois de estar en casa do mozo. Ao día seguinte a nai atopou nas proximidades da casa as zapatillas deportivas e restos de sangue da filla, co que a desaparición pasa a ser investigada pola Garda Civil. Despois de varias semanas de busca, a mediados de novembro aparece preto de Marbella o cadáver de Rocío Wanninkhof, que falecera por acoitelamento e a quen posteriormente queimaran.

As pescudas de culpables do crime centráronse nun primeiro momento no mozo da rapaza, e posteriormente en Dolores Vázquez. A pesar de que non existían probasCondena sin pruebas, artigo de Jesús Pérez Royo para El País, 23/9/2001., Vázquez foi detida e denegóuselle a liberdade provisional en dúas ocasiónsEl infierno de Alicia Hornos, Libertad Digital, 4/2/2005.. No xuízo, levado a cabo por un xurado popular, Dolores Vázquez foi condenada en 2001 por asasinato a quince anos de cárcere e a unha multa de máis de 100.000 €. As referencias ao seu carácter galegoVázquez y Martínez, artigo de Inmaculada Navarrete publicado en ABC o 24/9/2001. e á súa relación lésbica foron manexadas durante o xuízo, que tivo unha moi relevante repercusión nos medios e socialEl caso de Rocío Wanninkhof y la visión de túnel. Os seus avogados solicitaron a revisión da condena e decidiuse a repetición do xuízo en 2003.

O caso Carabantes Antes da repetición do xuízo produciuse o asasinato dunha moza, Sonia Carabantes, en similares circunstancias e na mesma zona (neste caso, Coín). O ADN do asasino concidía co achado nunha cabicha de xunta o cadáver de Wanninkhof, pero que ata daquela non fora considerada como evidencia. Como consecuencia destas probas, a sentenza orixinal anúlase. Grazas á denuncia da súa exparella, a Garda Civil detivo a Tony Alexander King, un cidadán inglés que levaba dous anos establecido na Costa do Sol, e que tiña un historial de condenas no Reino Unido por violencia e delitos sexuais. King foi condenado tamén en España polos asasinatos de Sonia Carabantes e de Rocío WanninkhofEl británico Tony King, condenado a 36 años de prisión por la muerte de Sonia Carabantes. El Mundo, 15/11/2005..

Dolores Vázquez permaneceu 17 meses no cárcere. Posteriormente exiliouse no Reino Unido. Recoñecementos Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2025, do Concello de Betanzos. Medalla á promoción dos valores de igualdade á muller 2026, do Goberno de España.

Notas

Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes