dereita|miniatura|Monólito ás vítimas do fascismo nas Conchas (Santa Cruz de Grou, Lobeira). Félix Segundo Salgado del Moral, nado en Ceuta o 1 de decembro de 1908 e finado en León o 18 de agosto de 1936, foi un mestre galego.
Traxectoria Fillo de Alejandro Salgado Biempica e sobriño de Arturo Salgado Biempica. Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente das xuventudes da Unión Patriótica. Mestre de Ourense, membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e redactor de Escuela de Trabajo. Defendeu a permanencia da FETE na ITE. Como membro de ATEO, foi o seu representante no Congreso Internacional de Educadores Proletarios celebrado en París en xullo de 1933. Con Baltasar Vázquez e Luís Soto eran a liña máis radical de ATEO. Mestre en Castrelo de Miño, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alistado no exército franquista, e o 18 de agosto de 1936 foi fusilado no campo de tiro de Puente Castro en León.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Claridade Fundación Luís Tilve, setembro de 2007. Especial homenaxe. Ligazóns externas República - LEÓN 3 victimas del franquismo
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos