Oza Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras.DECRETO 83/2013, do 6 de xuño, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras e se constitúe o municipio de Oza-Cesuras., DOG, 7 de xuño de 2013. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Xeografía Situación O Concello de Oza Cesuras ten unha superficie de 151,8 km² e abrangue 25 parroquias. Está na comarca de Betanzos e limita ó norte con Betanzos e Coirós, ó sur con Curtis, Mesía e Vilasantar, ó leste con Aranga e ó oeste con Abegondo.

Orografía O concello está na zona de baixada entre a meseta de Curtis e os vales dos ríos Mendo e Mero e Mandeo. O Mendo e o Mandeo descorren desde a parte central e sur do concello ata a súa case chegada á ría de Betanzos. Nese comezo, no sur, é onde están as maiores altitudes: alí están os montes da Tieira, do Lago, da Pena Moura ou do Brueiro, que están arredor dos 540 metros. O Mero descorre polo noroeste do concello e forma un amplo val lindando con Abegondo. No comezo desta parte as altitudes son de 450 metros e descenden dun xeito acusado ata o Mero. Ao comezo dos afluentes dos tres ríos, en especial no centro sur, as zonas do relevo son accidentado e os vales profundos. Como exemplo, destacan as pendentes dos vales de Filgueira de Barranca.

De leste a oeste as pendentes diminúen. A zona leste, como os arredores de Rodeiro, son unha zona alta chá, e orograficamente está ligada á comarca da Terra Chá. As zonas máis centrais do concello son zonas de baixadas acusadas e de vales encaixados. Por último, a zona oeste é de pendentes máis suaves.

Hidrografía miniatura|250px|esquerda|Fervenza do Mendo. O Mero, que nace na Tieira, Borrifáns, vai cara ao sur, servindo de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana, Curtis, e percorre o concello desde Filgueira de Barranca. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada.

O río Corveiro, afluente do Mero, nace nos Leiros e Castelo en Dordaño. O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos. Máis ao norte están o río Miñatos e o río Mendo, os seus cursos altos. Descorren por territorio de ribeira e bocarribeira.

Clima O clima é de tipo atlántico húmido, sendo a temperatura media anual de 12 °C e as precipitacións de 850 a 1750 mm./ano.

Demografía Para os históricos de poboación anteriores a 2012 véxase as páxinas do Concello de Oza dos Ríos e o Concello de Cesuras. Evolución da poboación Censo Total 5.275 (2014) Menores de 15 anos 438 (8.30 %) Entre 15 e 64 anos 3.058 (57.97 %) Maiores de 65 anos 1.779 (33,72 %)

Historia Fusión Oza Cesuras dereita|160px En marzo de 2012 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e de Cesuras"Oza y Cesuras abren la espita de las fusiones entre ayuntamientos", La Voz de Galicia, 14 de marzo de 2012 . O 11 de xaneiro de 2013 os dous concellos aprobaron a fusión nos respectivos plenos da corporación municipal"El PP aprueba en solitario la fusión definitiva de los concellos de Oza y Cesuras", La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2013 .. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobaron o decreto da fusión dos concellos Oza dos Ríos e Cesuras polo que se crea o concello de Oza Cesuras"Nace el concello de Oza-Cesuras", La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2013 ..

No 2013 o deseñador betanceiro Luís Galán creou a nova bandeira do concello que presenta a fusión, en cor vermella, de dúas cruces, as das igrexas de San Xiao de Mandaio (Cesuras) e San Pedro de Porzomillos (Oza dos Ríos)"Oza-Cesuras ya tiene logotipo. El nuevo municipio presentó su imagen corporativa basada en la fusión de iconos románicos de los dos viejos concellos", La Voz de Galicia, 14 de decembro de 2013..

Cultura Toponimia Co acordo de fusión dos dous concellos estableceuse o nome de "Oza-Cesuras", froito da unión dos topónimos de Oza, Oza e Cesuras, Dordaño, e que foran lugares que deran nome aos concellos. Os xentilicios de Cesuras eran cesurán/cesurá e o de Oza dos Ríos tíñase indicado que ocense. As posibilidades, non fixadas, do novo xentilicio serían "ozacesurán" ou "ocesurán".

En 2026 o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega ditaminou mudar o topónimo a "Oza Cesuras", xa que as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego reservan o uso do trazo a unións ocasionais na lingua.Informe sobre o cambio do nome dos concellos de Cerdedo Cotobade, Mondariz Balneario e Oza Cesuras A Xunta de Galicia fixo oficial esta mudanza dentro dun amplo paquete de cambios toponímicos aprobados mediante o Decreto 27/2026, do 30 de marzo, publicado no DOG do 10 de abril.

Patrimonio Patrimonio arqueolóxico No concello hai máis de 50 mámoas catalogadas en máis de 9 conxuntos, especialmente nas zonas máis elevadas. Algúns destes son: 2 túmulos no Brueiro, Rodeiro. 13 túmulos no Monte do Gato en Pena Moura, Rodeiro. 4 túmulos en "Mazarelas I" e 1 túmulos en "Mazarelas II" en Mazarelas, Rodeiro. 1 mámoa en Belén, Rodeiro. 4 mámoas no Cerro Martín en Martín, Rodeiro. 5 túmulos das Medoñas en Martín, Rodeiro. 1 túmulo de Codeseiras en Muruxeses, Rodeiro. 3 túmulos en Seselle, Rodeiro. 2 túmulo dos Castros en Patarelos, Salto.

Os castros catalogados son: miniatura|dereita|Castro de Muruxeses. Monte do Castro en Bandoxa. A Medorra do Castro, Castro de Borrifáns, Borrifáns. Castro de Vilar de Corna en Castro, Carres. Castro de Baiuca en Baiuca, Carres. Castro de monte da Croa en Cis. Castro de Callobre en Callobre, Cuíña. Castro de Cesuras, Chá do Castro en Cesuras, Dordaño. Torre de Mira en Castelo, Dordaño. Castro de Castelo en Casas do Castro, Dordaño. Castro de Braña na Braña, Filgueira de Traba. Castro nas Croas en Oza. Castro de Carraceda en Carraceda, Oza. Castro na Torre no Pazo, Oza. Castro de Parada en Parada, Parada. Castro no Castrillón en Porzomillos, Porzomillos. Coto de Mondoi en Pena, Mondoi, Porzomillos. Castro de Pereirales en Rodeiro. As Casiñas de Coterras en Rodeiro. Castro de Muruxeses en Muruxeses, Rodeiro. Os Castros, Mina de Patarelos en Patarelos, Salto. Castro de Cabreira en Cabreira, Trasanquelos. Castro de Ares, A Roda en Castro de Ares, Trasanquelos. Castro de Santalla, Castro de Probaos en Santaia, Probaos. Existe ademais unha lápida sepulcral en Belén, Rodeiro.

O sitio arqueolóxico romano "Forno do Lopo", agora abandonado, descubriuse nos anos 1970 e coñécese que foi un forno cerámico datado despois do século III.

Patrimonio arquitectónico Os casaríos e pazos a destacar son: Torre de Regueira "A Casa do Cortes", na Regueira de Arriba en Filgueira de Traba. Pazo de Filgueira, no Pazo en Filgueira de Traba. Pazo de Loureda, nos Currás, Loureda. Pazo de Santa Cruz de Mondoi. Pazo de Ansoi en Ansoi, Porzomillos. Pazo de Paio en Paio, Oza. Pazo de Oza, Oza. Casarío Forte do Castro, Oza. Pazo de Vilavide, Trasanquelos. Casaríos Fonte de Pratas, Táboas, Salto. Casaríos de Dona Isaura, no Castileiro, Salto. Casaríos do Pino. Casaríos das Palmeiras, Táboas, Salto. Casa Grande de Chá, Carres. Casa Grande de Canedos, Borrifáns. A Casa do Fernando, Dordaño. Casa do Pazo, nas Sanches, Paderne.

Nos ríos do concello hai varios muíños de interese. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía e o muíño de Delgado, e en Trasanquelos o muíño de Buxía.

As pontes a destacar son: Ponte de Roibeira en Mondoi. Ponte do río Mero en Seixeda, Cutián, Ponte na Rexedoira en Filgueira de Barranca.

Patrimonio relixioso No concello están as seguintes igrexas e mosteiros:

Nome Parroquia Lugar Mosteiro e igrexa de San Nicolao de Cis Cis Santo Estevo de Vivente Vivente Santa María de Cuíña Cuíña Santa Cruz de Mondoi Mondoi San Pedro de Porzomillos Porzomillos San Pedro de Oza Oza Santo Estevo de Parada Parada San Tomé de Reboredo Reboredo Santiago de Reboredo Reboredo Santa María da Regueira A Regueira San Martiño de Bandoxa Bandoxa Santa María de Rodeiro Rodeiro San Pedro de Borrifáns Borrifáns A Igrexa San Mamede de Bragade Bragade O Forte San Vicenzo de Carres Carres A Igrexa Santa María de Cutián Cutián A Igrexa Santa María de Dordaño Dordaño A Igrexa Santa María de Figueredo Figueredo Figueredo de Abaixo San Pedro de Filgueira de Barranca Filgueira de Barranca O Igrexario San Miguel de Filgueira de Traba Filgueira de Traba A Igrexa Santo Estevo de Loureda Loureda A Igrexa San Xiao de Mandaio Mandaio Quintá Santiago de Paderne Paderne A Igrexa Santaia de Probaos Probaos Santaia San Salvador de Trasanquelos Trasanquelos

Existen as ermidas e capelas de: Nome Parroquia Lugar Capela do Socorro Oza Pazo de Paio San BenitoOza Maial de Abaixo Nosa Señora da Trindade Parada As Capelas, O Enxertado Nosa Señora do Carme Parada As Capelas, O Enxertado A Barosa Bandoxa A Barosa Ermida de San Xoán Cuíña Bendrade San Gregorio Borrifáns San Gregorio Capela do Rosario Dordaño A Capela Santo Antonio Filgueira de Traba As Cernadas/ A Anella San Xoán Loureda No pazo de Loureda, Os Currás San Xoán do Coto Paderne O Coto Ermida de San Vicenzo Trasanquelos O Carballal Capela de Belén Rodeiro A Graña Santo André Rodeiro O Brueiro San Vicente Salto A Igrexa

Entre os cruceiros están:

Nome Parroquia Lugar O do campo da Igrexa Porzomillos O Cruceiro Regueira Belén Rodeiro A Graña As Capelas Parada Campo da festa Rodeiro Campo da festa Cruceiro-monumento ao Sagrado Corazón Bragade O Forte San Vicenzo de Carres Carres O Vieiro Santa María de Cutián Cutián A Igrexa Santa María de Dordaño Dordaño A Igrexa Santa María de Figueredo Figueredo Figueredo de Abaixo Cruceiro novo de Santa María Figueredo Figueredo de Abaixo San Pedro de Filgueira de Barranca Filgueira de Barranca O Igrexario Capela de Santo Antonio Filgueira de Barranca San Miguel de Filgueira de Traba Filgueira de Traba A Igrexa San Xiao de Mandaio Mandaio Quintá Santiago de Paderne Paderne A Igrexa Capela de San Xoán Paderne Santaia de Probaos Probaos Santaia Cruceiro do Carballal Trasanquelos O Carballal

Hai casas reitorais en: Nome Parroquia Lugar Santa María de Cuíña Cuíña Santa Cruz de Mondoi Mondoi Santa María da Regueira A Regueira Santa María de Rodeiro Rodeiro San Tomé de Salto Salto San Pedro de Borrifáns Borrifáns A Armucela San Vicenzo de Carres Carres Fondevila Santa María de Dordaño Dordaño A Igrexa San Pedro de Filgueira de Barranca Filgueira de Barranca O Igrexario San Xiao de Mandaio Mandaio Quintá San Salvador de Trasanquelos Trasanquelos

Administración Até as eleccións municipais de 2015, o concello estivo rexido por unha comisión xestora de 13 membros designada pola Xunta de Galicia. A ela pertencen os anteriores alcaldes de Oza dos Ríos, José Pablo González Cacheiro, e máis o de Cesuras, Julián Lucas Ramírez.

O concello ten dúas sedes que veñen sendo as antigas casas dos concellos fusionados.

Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos Escolas Os centros educativos do concello son: Escola Infantil "A Galiña Azul" en Mandaio. CEIP Oza dos Ríos, en Oza dos Ríos. CEIP Forte Bragade, Cesuras, Dordaño. Centros sociais, bibliotecas e museos Os centros culturais do concello son: Centro Cultural e biblioteca na antiga "casa do médico". Casa museo etnográfico, no Forte, Bragade.

Os principais centros deportivos son os: Campos de fútbol de Quintela, Porzomillos e Reboredo. Complexo deportivo Castiñeiro.

Etnografía Festas e romarías Nosa Señora dos Milagres en Bandoxa, a última fin de semana de setembro. Santísimo Sacramento en Cis, o 19 e 20 de agosto. Santo Antón de Cuíña, en Callobre, Cuíña en xuño. Nosa Señora de Cutián, pola Santa María do 15 de agosto. Nosa Señora do Carme en Oza, do 7 ao 9 de xullo. Santa Lucía en Oza o 13 de decembro. Nosa Señora de Belén en Rodeiro, o 21 e 22 de setembro. Santa Mariña o 14 de agosto. San Mamede en Bragade o 11 de outubro.