A Illa Ulawa é unha illa das Illas Salomón. Está situada preto de Malaita e pertence á Provincia Makira-Ulawa. A illa ten unha superficie de 65´92 km² e unha poboación de 4.429 habitantes. Foi avistada por Álvaro de Mendaña de Neira en 1568.
É unha illa montañosa, o seu punto máis alto ten 181 m. sobre o nivel do mar. A temperatura media rolda os 27 °C durante todo o ano, e a illa recibe unha precipitación media anual duns 2.800 mm.
En Ulawa fálase un dialecto da Lingua sa'a.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
Categoría:Illas das Salomón