Blanca García Montenegro, nada en Lugo en 1960, é unha empresaria galega, presidenta do grupo de comunicación El Progreso.

Traxectoria Estudou Secretariado Internacional en Madrid e Oxford. Viúva de Purificación de Cora Paradela, ao falecer o seu marido en abril de 1993, fíxose cargo da presidencia do grupo.

Amais diso é vicepresidenta da Confederación de Empresarios de Lugo, presidenta da Axencia Galega de Noticias, membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e membro do comité executivo da Cámara de Comercio de Lugo.

O seu fillo, Antonio de Cora García, é o presidente do Diario de Pontevedra.

Recoñecementos Premio Galicia en Feminino 2003 pola difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres.Premiados... La Voz de Galicia 7/3/2003 . Outorgóuselle a Medalla Castelao no ano 2004.DECRETO 113/2004, do 3 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao DOG. Premio Diego Bernal 2007 da Asociación de Xornalistas de Galicia.Premio Periodístico Diego Bernal .

Notas

Véxase tamén Bibliografía Margarita Ledo Andión e Margarida Maria Krohling Kunsch, Comunicación Audiovisual: Investigación e formación universitarias, USC, 1999, 487 páx. Xosé López García, A Comunicación en Galicia 2002 Consello da Cultura Galega, 2002, 211 páx.

Ligazóns externas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Empresarios dos medios de comunicación Categoría:Grupo El Progreso Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes