dereita|250px|miniatura|Diferentes tipos de barba. dereita|200px|miniatura|O noruegués Hans Langseth gañou o récord da barba máis longa do mundo en 1927. A barba é o conxunto de pelos faciais que medran no queixo, no beizo superior, nas fazulas e no pescozo dos seres humanos e tamén nalgúns animais. En humanos, normalmente só se presenta en homes trala puberdade, aínda que as mulleres con hirsutismo tamén poden desenvolver barba. Cando falamos do pelo superior e inferior da face, a barba exclúe especificamente o bigote.
Ó longo da historia, ós homes que deixaban medrar a barba fóiselles atribuíndo diversos atributos, tales como a sabedoría, a virilidade sexual, masculinidade ou unha posición social máis elevada. Con todo, a barba tamén pode ser asociada coa falta de limpeza xeral e unha perda de refinamento.
O primeiro sábado de setembro celébrase o Día Mundial da Barba.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Varva
Categoría:Pelo