O tileiro prateado (Tilia tomentosa) é unha ábore do xénero Tilia, orixinaria dos bosques dos Balcáns, Hungría e suroeste de Rusia. En Galiza aparece coma ornamental, salientando algúns exemplares.
Etimoloxía O nome específico tomentosa, vén do latín tomentosus-a-um que quere dicir "con tomento", a respecto do mesto tomento (vilosidade) do envés das follas.
Descrición É unha árbore vizosa, podendo acadar algúns exemplares os 30 m de altura. Medra axiña, máis ca outras especies de tileiros. Dá unhas flors abrancazadas ou amarelentas que botan un peculiar recendo.Florea a finais de xuño, comezos de xullo. Os froitos son en cápsula.
Cultivo e usos Se se fai sementeira cómpre dunha estratificación ou ben por enxerto nun tileiro de folla grande. O cultivo é común polo seu crecemento rápido.
Árbores senlleiras en Galiza Dúas formacións destes tileiros figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, no apartado de Formacións Senlleiras: Tileiros prateados da igrexa de San Domingos de Ribadavia (Ourense); Tileiros prateados do Mosteiro de Oseira en San Cristovo de Cea (Ourense).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Tilia Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Europa