O tagalo é unha lingua austronesia falada como primeira lingua por un cuarto da poboación de Filipinas e como segunda lingua por boa parte do resto dos seus habitantes.Philippine Census, 2000. Table 11. Household Population by Ethnicity, Sex and Region: 2000 É a lingua nativa dos tagalos, que predominan na rexión IV (Calabarzón e Mimaropa), de Bucalán e da Gran Manila. A súa forma estandarizada recibe o nome de filipino e é a lingua nacional e de facto unha das dúas linguas oficiais canda o inglés, contando con 24 216 000 de falantes nativos, deles 21 500 000 en Filipinas.
Historia Dado que non hai rexistros escritos do tagalo antes da chegada dos conquistadores casteláns no século XVI, sábese moi pouco sobre a historia da lingua. Porén, os lingüistas admiten, aínda que de xeito especulativo, que os antepasados dos tagalos teñen a mesma orixe que os "curmáns" filipinos centrais, ao nordeste de Mindanao ou ao leste de Visayas.
O primeiro libro coñecido escrito en tagalo é Doctrina Cristiana (doutrina cristiá) de 1593. Foi escrito en lingua castelá e dúas versións de tagalo: unha en baybayin (un alfabeto da rexión) e outra en alfabeto latino.
Durante os 300 anos da ocupación da Coroa de Castela, existían gramáticas e dicionarios escritos relixiosos cristiáns, como o Vocabulario de la lengua tagala (1835) e o Arte de la lengua tagala y manual tagalog'. para a administración dos Santos Sacramentos (1850).
O poeta Francisco "Balagtas" Baltazar (1788–1862) é a miúdo considerado como o Shakespeare do tagalo. A súa obra máis famosa é Florant at Laura, do século XIX.
Valoración O tagalo é unha das linguas filipinas centrais da familia de linguas austronesias.
Está intimamente ligado ás linguas faladas nas rexións Bicol e Visayas, como bikol, hiligaynon, waray-waray e cebuano.
As linguas que influíron significativamente no tagalo son: o español, o chinés (hokkien), o inglés, as linguas malaias, o sánscrito (vía malaio), o árabe (vía malaio/castelán) e as linguas do nordeste de Filipinas, como o kapampangan que se fala na illa de Luzón.
Distribución xeográfica A área de uso do tagalo (Katagalugan) esténdese máis nas partes central e sur da illa de Luzón, particularmente en Aurora, Bataam , Bulacan, Cavite, Laguna, Gran Manila, Nueva Écija, Quezón e Rizal. O tagalo tamén é falado nativamente polos habitantes das illas de Lubam, Marinduke e na parte norte e leste de Mindoro. Segundo o censo filipino de 2000, 21.485.927 dos 76.332.470 de filipinos adoptan o tagalo como lingua materna. Estímase que 50 millóns de filipinos o falan con distintos graos de competencia.
Os falantes de tagalo atópanse noutras rexións de Filipinas, así como en todo o mundo. É a sexta lingua máis falada en Estados Unidos.
Lingua oficial Despois de semanas de estudo e discusión, o tagalo foi elixido como lingua oficial polo National Language Institute, un comité de sete membros que representa a varias rexións de Filipinas. O presidente Manuel Quezón fixo entón o tagalo a lingua nacional, ou wikang pambansâ, de Filipinas o 31 de decembro de 1937. Fíxose oficial coa restauración da independencia de Filipinas dos Estados Unidos o 4 de xullo de 1946.
De 1961 a 1987, o tagalo tamén foi coñecido como Pilipino. En 1987, o nome cambiou de facto a lingua filipina.
Desde 1940, o tagalo, como o filipino, ensínase nas escolas filipinas. É a única das 160 linguas filipinas que se ensina oficialmente nas escolas.
Dialectos O Ethnologue enumera Lubang, Manila, Marinduque, Bataan, Batangas, Bulacan, Tanay-Paete e Tayabas como dialectos do tagalo. Non obstante, considéranse distintos catro dialectos principais: norte, central (incluíndo Manila), meridional e marinduque.
Aínda que os dialectos teñen as súas propias peculiaridades, en xeral son mutuamente intelixibles. O dialecto tagalo máis diverxente é o do marinduque; ten características que se atopan nas linguas de Visayas como diferentes afixos verbais.
As zonas rurais das áreas de fala tagalo adoitan usar o tagalo conservado, evitando as palabras en inglés e español en favor das contrapartes nativas de tagalo. Por exemplo, un falante de tagalog rural posibelmente diria: ''maaari mong ipaunawa sa akin?'' ("podería explicarmo?"), mentres os cidadáns urbanos, probabelmente expresaríam a mesma frase como ''pwede mong i-explain sa akin?''
Linguas derivadas O contacto frecuente entre os falantes de tagalo e castelán foi a través do crioulo filipino ou chabacano. Hai tres variedades de chabacano baseadas no tagalo: Caviteño, Ternateño e Ermitaño. Dise que o ermitaño está extinto, porén 210.000 falan caviteño e/ou ternateño, segundo o censo de 2000.
Binaliktad Nas zonas urbanas tamén é común o fenómeno da binaliktad (reversión). Os equivalentes noutras linguas é o verlan. Abaixo amósanse algúns exemplos:
Erpat, de Pater (pai) Ermat, de Mater (nai) Sampits, de Pinsan (primo) Yosi, de sigarilYo (cigarro)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en tagalo Ligazóns externas Dicionario tagalo
Categoría:Linguas malaio-polinesias Categoría:Linguas de Filipinas