Ureparapara (tamén coñecida como Parapara para abreviar) é a terceira illa máis grande do Grupo Banks no norte Vanuatu logo de Gaua e Vanua Lava.
Xeografía a illa de Ureparapara é un vello cono volcánico invadido polo mar na costa leste, que forma a Baía Divers. A parte desta fendedura na costa, a illa é de forma circular, cun diámetro duns oito quilómetros. A superficie é de 39 km².
Poboación A poboación era de 437 habitantes en 2009.
Hai tres aldeas na illa. A aldea principal é Léar (Leserepla).Vincent Lebot und Pierre Cabalion: Les Kavas de Vanuatu, S. 83 As outras son Lehali (na costa oeste) e Leqyangle.Maffi & Taylor, 1977, "The Mosquitoes Of The Banks And Torres Island Groups Of The South Pacific".
Dúas linguas son faladas tradicionalmente na illa, a Löyöp e a Lehali.ver tamén Detailed list and map of the Banks and Torres languages.
Nome O nome Ureparapara reflicte o nome da illa na lingua Mota, lingua que foi elixida polos misioneiros, a finais do século XIX, como o idioma de referencia para a zona.
A illa chámase localmente Noypēypay en Lehali, e Aö en Löyöp..
Historia O primeiro europeo en chegar a Ureparapara foi o explorador español Pedro Fernández de Quirós o 15 de xuño de 1606. Que bautizouna como Pilar de Zaragoza, pero, máis tarde, cartografouse como A nosa Señora de Monserrat Ambos polo seu capelán Frei Martín de Munilla.Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espiritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.121..
Notas
Categoría:Illas de Vanuatu