La Estafeta Literaria foi unha revista quincenal cultural editada en Madrid desde 1944. Historia e características Editada pola Delegación Nacional de Prensa, dirixiuna inicialmente Juan Aparicio. Nos seus artigos incluía referencias á poesía subxectiva, aos escritores do 98 e ao seu pesimismo, aos experimentos vangardistas, á poesía española do século XIX e á xeración do 27. Tamén tiveron cabida na revista os poetas garcilasistas. Cesou na súa primeira etapa en 1946.

A súa segunda época desenvolveuse entre 1956 e 1957. Na terceira etapa, ata 1962, dirixiuna Rafael Morales e a edición correu a cargo do Ateneo de Madrid. Na cuarta etapa (1962-1968) levou a dirección Luis Ponce de León e a edición dependeu da Editora Nacional. En tres dos números editados en 1965 apareceron un Mapa literario de Galicia e un Dicionario de escritores.N. 320-321 de La Estafeta Literaria 19/6/1965 e 3/7/1965.N. 322-323 de La Estafeta Literaria 17/7/1965 e 31/7/1965.N. 324-325 de La Estafeta Literaria 14/8/1965 e 28/8/1965

Na quinta etapa, a partir de 1968 e ata 1977, exerceu como director Ramón Solís. Dedicouse á información cultural, á crítica e á creación literaria. En 1978 modificou o seu nome polo de Nueva Estafeta e desapareceu en 1983.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Números dixitalizados de La Estafeta Literaria no Ateneo de Madrid.

Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas españolas do século XX