Bad Blood é o primeiro álbum de estudio da banda británica Bastille. Foi lanzado no Reino Unido o 4 de marzo de 2013, e inclúe os sinxelos «Overjoyed», «Bad Blood», «Flaws», «Pompeii», «Laura Palmer» e «Things We Lost in the Fire». O álbum foi gravado en Londres, Reino Unido, e producido por Mark Crew e Dan Smith. O álbum debutou como número un no Reino Unido.

Sinxelos «Overjoyed» foi o primeiro sinxelo de Bad Blood. Non chegou á listaxe de éxitos no Reino Unido porque non foi suficientemente promovido. «Bad Blood» foi o segundo sinxelo do álbum. Malia alcanzar o número 99 na listaxe de éxitos británica, caeu a semana seguinte. «Flaws» foi o terceiro sinxelo do álbum. Converteuse no primeiro sinxelo en entrar dentro do Top 40 de éxitos do Reino Unido co número 21. Alén diso, estivo nas listaxes de Escocia e Bélxica. «Pompeii» foi o terceiro sinxelo de Bad Blood. Converteuse no sinxelo mellor vendido e o máis exitoso internacionalmente até o momento, ao debutar como número dous e converterse no primeiro éxito da banda dentro dos cinco primeiros. Ademais, foi número un en Escocia e Irlanda. «Laura Palmer» foi o quinto sinxelo do álbum o 3 de xuño de 2013. Nunha entrevista co Digital Spy en marzo de 2013, o vocalista da banda, Dan Smith confirmouno.http://www.digitalspy.co.uk/music/news/a464088/bastille-to-release-laura-palmer-as-new-single-listen.html O vídeo da canción foi lanzado na páxina oficial da banda en Vevo o 12 de abril de 2013.http://www.youtube.com/watch?v=JQnSc0bczg0&list=LLAio3U50D3cfxHStvYG68Ew «Things We Lost in the Fire» será o sexto sinxelo do álbum, que será lanzado o 2 de setembro de 2013.

Notas

Categoría:Álbums de Bastille Categoría:Álbums musicais de 2013