La Ciudad del Cabe foi un periódico editado en Monforte de Lemos en 1902.

Historia e características Subtitulado Periódico Literario, apareceu o 1 de febreiro de 1902. Nun principio publicábase cada catro días, e a partir do número 9 cada cinco. Dirixido por Eumenio Rodríguez Rodríguez. Tiña as seccións “Noticias generales”, “Sección local”, “Anuncios”, “Reflexiones”, “Calendaresco”, “Aberraciones” e “Croniquilla”. Entre os seus colaboradores figuraron A. Lores, José Rodríguez Lence, Victoriano Rodríguez Gómez e José Castedo. Ocasionalmente publicaba o apartado “Curiosidades etimológicas”, onde se analizaban tratamentos ou topónimos. Editou a letra do himno anarquista, tradución de textos da obra Pensées de Blaise Pascal, poemas relixiosos e o soneto “Un retrato” de Camilo Serrano. Cesou a súa edición co número 20, o 30 de abril do mesmo ano.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos

Categoría:1902 en Galicia