Manuel Mur Oti, nado en Vigo o 25 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 5 de agosto de 2003, foi un director de cine, guionista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Mur, oficial de prisións con destino en Vigo. En 1921 viaxou a Cuba, onde estudou Dereito e Literatura e colaborou en publicacións culturais. Viaxou por Haití e os Estados Unidos. Publicou o seu primeiro poemario, Espirales con só dezasete anos, pero foi coñecido como autor de novelas e obras dramáticas; estreou na Habana a súa primeira comedia, La alegría del sitio en 1931 e despois La malcasada e El mayoral. Retornou en 1933 e comezou a escribir no periódico El Socialista. Na Guerra Civil loitou no exército republicano con Valentín González "El Campesino". Exiliouse en Francia e foi internado nun campo de concentración. Volveu a España e foi detido en Málaga. Cando saíu radicouse en Madrid. Escribiu a novela Destino negro, que foi finalista do Premio Nadal de 1948 e tamén guións cinematográficos. Impulsou, con Antonio del Amo, a creación da produtora Sagitario Films (1947), que financiou as tres primeiras películas de del Amo, todas escritas por Mur Oti. En 1949 dirixiu a súa primeira película, Un hombre va por el camino. En 1953 creou a produtora Celta Films.
Recibiu o Premio Goya de honra na VII edición dos Premios Goya (1992).
Obra Como escritor Espirales La alegría del sitio Destino negro (1949)
Como director Un hombre va por el camino (1949) Cielo negro (1951) Condenados (1953) Orgullo (1955) Fedra (1956) El batallón de las sombras (1957) La guerra empieza en Cuba (1957) Pescando millones (1959) Duelo en la cañada (1959) Una chica de Chicago (1960) Milagro a los cobardes (1962) A hierro muere (1962) La otra cara del espejo (serie de televisión, 1965) Loca juventud (1965) El escuadrón del pánico (1966) La encadenada (1975) Morir... dormir... tal vez soñar (1976)
Como guionista Cuatro mujeres (1947) El huésped de las tinieblas (1948) Noventa minutos (1949) Alas de juventud (1949) Un hombre va por el camino (1949) Cielo negro (1951) Condenados (1953) Orgullo (1955) Fedra (1956) La guerra empieza en Cuba (1957) El batallón de las sombras (1957) Pescando millones (1959) Duelo en la cañada (1959) Una chica de Chicago (1960) Teresa de Jesús (1961) Milagro a los cobardes (1962) Loca juventud (1965) El escuadrón del pánico (1966) La encadenada (1975) Morir... dormir... tal vez soñar (1976) Cañas y barro (serie, 1978) La barraca (serie, 1979)
Como actor Segundo López, aventurero urbano (1953) Memorias del cine español (1978 La noche del cine español (1985)
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía Un grande da cinematografía galega Necrolóxica en ABC Ficha na IMDb
Categoría:Directores de cinema de Galicia
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes