A Catedral de Turku (en , e en ) é un templo adicado ao culto luterano situado na cidade de Turku (Finlandia). Foi consagrada o probablemente o 17 de xuño de 1300.

Historia Antecedentes

miniatura|Maqueta da igrexa de Koroinen. A primeira sé episcopal de Finlandia estaba situada en Nousiainen, onde se construíu unha igrexa de madeira no mesmo lugar que na actualidade ocupa a igrexa de Nousiainen, unha igrexa medieval construída en pedra. Contra o ano 1229 a sé trasladouse a Aurajoki, onde un ano despois se construíu unha igrexa de madeira en Koroinen, a un par de quilómetros da localización actual da catedral.

A construción da catedral Non se sabe moito das primeiras etapas da catedral de Turku. Probablemente a igrexa foi construída en madeira a finais do século XIII, se ben a data da súa inauguración é incerta. A igrexa puido ter sido consagrada entre 1292 e 1296, o 17 de xuño de 1300 ou a principios do século XIV, posiblemente en 1309.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de igrexas de pedra medievais de Finlandia Arquidiocese de Turku Diocese católica romana de Åbo

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial , e

Categoría:Igrexas de Turku