Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo. Actualmente vive en Peitieiros (Gondomar).
Traxectoria É o menor de once irmáns, entre eles Xavier e Luís. En 1983 tivo que facer o servizo militar, tendo como destinos Figueres e Berga, en Cataluña.
Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988, chegando a crear o máis vendido da historia do galego, O pequeno Xerais.
O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn), onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais) e na Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia (Brasil), e na actualidade é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
En 1997 tivo un grave accidente de tráfico que o fixo estar un mes en coma e, posteriormente, sete meses hospitalizado en cama. Co trauma do accidente aínda fresco na retina e na mente, Gonzalo Navaza recibiu numerosos premios.
No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente. En 2021 foi escollido académico de número da RAG, ingresando o 5 de novembro de 2022 coa lectura do discurso Nomes de persoa na toponimia de Lalín, respondido por Antón Santamarina.
Forma parte do grupo de traballo que desenvolve o Paradigma da Continuidade Paleolítica para as orixes das linguas indoeuropeas. . Páxina do Paradigma da Continuidade Paleolítica. Consultado o 27 de abril de 2017.
Obra dereita|miniatura
Poesía Fábrica íntima (1991). Galaxia, Dombate. 56 páxs. ISBN 978-84-7154-816-0. A torre da derrota (1992). Xerais (poemario en versos palíndromos). ISBN 978-8475076935. Libra (2000). Galaxia, Dombate. 84 páxs. ISBN 978-84-8288-393-9.
Narrativa Erros e Tánatos (1996). Xerais. 128 páxs. Despois incluído na Biblioteca Galega 120 Elucidario (1999). Xerais. ISBN 978-84-9914-328-6. Santos e defuntos (2001). Xerais. 56 páxs. ISBN 978-8483027226.
Infantil Fábulas contadas (2020). Xerais, Sopa de Libros. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-685-8. ePub: ISBN 978-84-9121-756-5.
Ensaio Reboreda: os camiños da identidade (2000). Sociedade Cultural de Reboreda. Fitotoponimia galega (2006). Fundación Barrié. Toponimia de Catoira (2007). Concello de Catoira. O nome dos lugares. Saiáns (2011). Instituto de Estudos Miñoráns.
Traducións A chamada da selva de Jack London, 1982, Xerais. Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle, Xerais, 1985. Trad. e edición con Francisco Bedoya. Robinson Crusoe, de Daniel Defoe, 1986, Xerais. Despois incluído na Biblioteca Galega de Clásicos Universais. O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, Xerais, 1987. Trad. con Marisa Méndez Anta. Mitos da antiga Grecia, de Robert Graves, 1989, Xerais. As cousas (unha historia dos anos sesenta), de Georges Perec, 1991, Edicións do Cumio. As flores do mal, de Charles Baudelaire, 2008, Galaxia. A traxedia do home, de Imre Madách. Madách Könivtár, Budapest, 2002. Trad. con Azstalos Lajos. Os ensaios (escolma), de Michel de Montaigne, 2016, Clásicos do Pensamento Universal, Universidade de Santiago de Compostela.
Edicións Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, 1990, Xerais. Dun tempo e dunha terra, de Celso Emilio Ferreiro, 2012, Tambre.
Obras colectivas Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle, 1985, Xerais. Tradución e edición con Francisco Bedoya. Diccionario Xerais da lingua, Xerais. Pequeno diccionario Xerais da lingua, Xerais. O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, 1987, Xerais. Tradución con Marisa Méndez Anta. Diccionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos, 1990, Xerais. Diccionario Xerais de sinónimos, termos afíns e contrarios, 1995, Xerais. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Xesús Ferro Couselo: a cultura dos devanceiros, 1996, Xerais. Con Xosé Ramón Pena. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poetas e Narradores nas súas voces. Volume 2, 2006, Consello da Cultura Galega. Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega "Frei Martín Sarmiento": Santiago de Compostela, 2, 3, e 4 de setembro de 2002, 2007, Asociación Galega de Onomástica. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000 = Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios II Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1991, por Fábrica íntima. Premio da Crítica Española no 1991, por Fábrica íntima. Premio Arcebispo San Clemente na categoría de novela en lingua galega no 1998 polo seu libro Erros e Tánatos. Premio Martín Codax no 2000, por Libra. Premio da Crítica Española no 2000, por Libra. Premio de Investigación Losada Diéguez, 2007, por Fitotoponimia galega. Premio Lois Peña Novo no 2008, por Toponimia de Catoira. Premio á mellor tradución da AELG no 2008, por As flores do mal. Premio da Irmandade do Libro no 2012.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Literatura galega do século XX Ligazóns externas Conferencia de Gonzalo Navaza sobre o patrimonio toponímico Conferencia de Gonzalo Navaza sobre Os nomes de Vigo
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1957 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Tradutores do francés Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón