Felisindo Álvarez Xesteira, nado no Carballiño en 1899 e finado en agosto de 1989, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Lino Álvarez Álvarez. Na ditadura de Primo de Rivera promoveu o periódico Hermandad en 1928 e fundou un círculo republicano no Carballiño. Militante do Partido Radical Socialista, durante a Segunda República foi alcalde do Carballiño (1931-1934) e deputado provincial. En novembro de 1933, aínda sendo alcalde, pasouse ao Partido Republicano Gallego, integrándose posteriormente en Izquierda Republicana, da que foi elixido vogal do Comité Nacional en abril de 1934. Cesado como alcalde en outubro de 1934, foi reposto en febreiro de 1936, permanecendo no cargo ata o 19 de abril, cando dimitiu para ser presidente da Deputación de Ourense ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.
Durante a Guerra civil foi xuíz de Albocácer (Castellón) e Xuíz Especial instrutor do Tribunal Especial de Garda número 1 de Valencia.Gaceta de la República Despois da guerra foi detido e estivo en prisión. Saíu en liberdade provisional da Prisión Sanatorio de Porta-Coeli (Valencia) en agosto de 1941.BOE, 15-8-1941, p. 6269. Foi promotor do cine Xesteira de Ourense. Finou en agosto de 1989.Diario 16, 2-8-1989, p. 40.
Recoñecementos
O Concello do Carballiño concedeulle a insignia de ouro e fíxolle unha homenaxe o 30 de agosto de 1987.La Voz de Galicia, 31-8-1987, p. 11. Vida persoal
Casou no Carballiño con Rosa Valeiras en febreiro de 1927.Vida Gallega, 28-2-1927, p. 37. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas 20px Felisindo Álvarez Entrevista, 1 de 2 20px Felisindo Álvarez Entrevista, 2 de 2 Os Presidentes da Deputación
Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1989