é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 1999.
En galego, estreouse na TVG o 5 de xullo do 2013.
Sinopse A célebre serie do Detective Conan trae de novo outra excitante película. O noso heroe encóntrase desta vez co seu inimigo, o misterioso ladrón Caco Kid. Aceptando o reto del, Conan e o seu amigo Heiji tentarán protexer o derradeiro tesouro da Dinastía Rusa dos Romanov, o Ovo dos Recordos. Mais coas súas trécolas e estratexias, Caco Kid logra confundilos e faise coa tan prezada xoia.
Mentres foxe voando coa súa á delta un criminal dispáralle a logra abatelo. Caco Kid desaparece coma por arte de maxia, deixando atrás unha pomba e o obxecto roubado, que pasan ás mans do outro criminal.
A herdeira lexítima do ovo cóntalles a Conan e mais aos seus amigos a historia da xoia. O noso detective descobre un mecanismo oculto dentro do tesouro que lle será clave para resolver o caso e levaráos ata un castelo cheo de trampas e engados arquitectónicos. Poderán recuperar o valioso ovo?
Dobraxe Estudio: Sodinor Data: 2013. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OhtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiInspector ShiratoriCésar CambeiroKaneto ShiozawaAxente TakagiManolo PombalWataru TakagiAxente TomeAntón RubalToshihiko NakajimaAi HaibaraHelena AmoedoMegumi HayashibaraCaco Kid Óscar FernándezKappei YamaguchiHeiji Hattori Monti CastiñeirasRyo HorikawaKazuha ToyamaXermana CarballidoYuko MiyamuraInspector NakamoriAntón OlmosUnsho IshizukaShintaro Chaki Santiago CortegosoNobuo TanakaShiro SuzukiMiguel López VarelaFumio MatsuokaMasato NishinoCarlos Jiménez DíazMitsuru MiyamotoSerguei OvchinnikovLuís IglesiaHaruhiko JoShouichi InuiXavier PerdizChikao OtsukaSeiran HoshiAna LemosToshiko FujitaRyu SagawaÓscar FernándezHouchu OhtsukaNatsumi KosakaBeatriz GarcíaEmi ShinoharaKuranosuke SawabeAntón CancelasEisuke YodaAxente InvestigadorManolo PombalIsshin ChibaAxente LectorCarlos Jiménez DíazIsshin ChibaAxente KobayashiAntón RubalSadado NunomeAxente YokoyamaÓscar FernándezTakayuki InoueSeñora YoshidaXermana CarballidoShinobu Sato
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "One" ("Un"), interpretada por B'z.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2000.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego