La Voz del Condado foi un semanario editado en Salvaterra de Miño entre 1913 e 1919.

Historia e características Subtitulado Semanario agrícola independiente, apareceu o 10 de xaneiro de 1913. De tendencia católica, tiña como lema "Moralidad, trabajo y progreso". Promovido por José Vázquez Estévez, estaba dirixido por Cesáreo García Álvarez.Noticiero de Vigo, 3-1-1913, p. 1. Entre os seus colaboradores figuraban Francisco Rodríguez, José Vázquez Estévez e Mariano Piñeiro Groba. Cesou a súa publicación a principios de 1919. Foi continuado por El Condado.

Pode ter unha segunda etapa editado nas Neves en 1919.Así aparece en "La imprenta y el periodismo en Vigo" de Uxío Carré Aldao, Boletín de la RAG, 132, p. 333. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Salvaterra de Miño Categoría:Prensa agraria Categoría:1913 en Galicia