A carrasca brancaNome vulgar en galego preferido en Vocabulario forestal. Varios autores, Santiago de Compostela, 2012 Universidade de Santiago de Compostela / Escola Politécnica Superior de Lugo, Deputación de Lugo - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15515911 (Erica vagans L.) é unha uz que poucas veces acada o metro de altura; moi ramalluda e de fino arume verticilado (4 ou 5) fortemente revolutas, que abunda nas rexións de montaña de toda Europa. Aparece tamén en Galiza.

Descrición Medra maiormente de xeito patente (en horizontal) no medio natural, polo que non adoita acadar grandes alturas, mais si cubrir extensións en noiros e abas. É unha planta vizosa e perenne. As inflorescencias son racemosas e aparecen nas partes superiores dos talos. As flores son urceoladas (cos pétalos soldados e de aspecto de campá) e de cor rosada-morada, diferenciándose doutras especies de Erica en que tanto os estames como o estigma sobresaen por fóra da corola. Segundo a zona florea a partir de xuño deica setembro-outubro. Distribución É propia da rexión eurosiberiana, principalmente na faixa atlántica desde Portugal até Dinamarca. Sendo frecuente en Irlanda e Bretaña. No Reino Unido só se acha na península de The Lizard, en Cornualla. Na Península Ibérica medra no terzo norte: Galiza, Asturias, Cantabria e País Vasco.

Hábitat miniatura|dereita|Carrasca branca Medra especialmente nas montañas, a partir dos 800 m, por isto é considerada unha urce de montaña. Como a meirande parte das especies do xénero Erica, medra ben en solos acedos e oligotróficos.

Etimoloxía Crese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas pólas febles. O epíteto específico latino vagans significa literalmente vadío, vagabundo; referíndose ao contexto que ten unha ampla distribución. En inglés recibe os nomes de Cornish heath (uz de Cornualla) e wandering heath (uz errante)

Cultivo

miniatura|dereita|Primeiro plano da carrasca branca Téñense desenvolvido numerosos cultivares de flores cun grande abano de cores: brancas, rosas, malva e púrpura. Os cultivares a seguir gañaron o premio de mérito de xardinaxe da Royal Horticultural Society británica: E. vagans f. alba 'Cornish Cream' (variedade de flores abrancazadas) E. vagans f. alba 'Kevernensis Alba' (variedade de flores abrancazadas) E. vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley' (variedade de follas douradas) Sinónimos Erica multiflora L. [1754, Fl. Angl. : ?] Erica didyma Stokes in With. Erica decipiens St.-Amans Gypsocallis vagans (L.) Gray Erica vaga Salisb. Notas

Véxase tamén Outros artigos Erica (xénero) Ligazóns externas

Categoría:Erica Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné