Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de FrankfurtHistoria de la Búsqueda de libros de Google ..
Funcionamento miniatura|esquerda|180px|Cámara Elphel 323. Moitos dos textos son dixitalizados empregando a cámara Elphel 323, un proxecto de hardware libre e software libreGoogle currently uses Elphel cameras for book scanning and for capturing street imagery in Google Maps a unha velocidade de 1.000 páxinas por hora tamén empregada por Google en Google Street View.
As buscas en Google Books amósanse no buscador web de Google indicando a obra e a referencia onde aparece o termo. O resultado da busca amosa o libro e a páxina ou páxinas onde aparece referenciado. Dependendo da licenza que se empregue, dereitos reservados, cedidos ou no dominio público, a información amosada será máis ou menos explícita de xeito que dalgúns libros só están dispoñibles os datos básicos: nome do autor, título, editorial e ISBN ou dados similares, nestes casos nin se amosa a portada do libro. Outros libros están parcialmente accesos. De xeito que os editores con acordos con Google amosan algunhas das páxinas da obra libremente mentres que outras, na maioría, non. O acordo compleméntase con ligazóns a editoriais e distribuidoras onde se poden mercar as publicacións. Outras obras, as menos, están completamente accesibles. Son xeralmente obras que xa están descatalogadas ou foron feitas para ser amosadas publicamente.
300px|miniatura|Googleplex, en Mountain View, California, sede da empresa.|centro O texto das obras amosadas non está acceso para a función copiar e pegar co rato xa que se amosa como imaxes o texto.Os usuarios rexistrados en Google teñen a posibilidade de formar unha biblioteca virtual á que engadir os títulos dos que gusten e consultalos cando desexen.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina de información sobre Google Books .
Categoría:Biblioteconomía Categoría:Servizos de Google