Luis Diéguez Amoeiro, nado en Verín o 7 de xullo de 1838 e finado en Ourense o 8 de xaneiro de 1913Necrolóxica en El Regional, 10-1-1913, p. 2., foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Benito Diéguez Amoeiro. Licenciouse en Xurisprudencia pola Universidade de Madrid (1863). Formou parte do Partido Progresista e co seu pai reconstituíu o partido en Verín (1865), polo que foron perseguidos. Fuxiron a Portugal e por presións do goberno español foron encarcerados en Peniche. Logo do indulto de 1867, volveu ao seu labor político e en 1868 volveu estar preso e sometido a consello de guerra, pero foi absolto. No Sexenio Revolucionario foi elixido deputado por Xinzo de Limia (1869) e gobernador civil de Ourense e Zamora. Seguiu a Manuel Ruiz Zorrilla no Partido Republicano Progresista. Era o xefe do Partido Republicano de Ourense a principios do século XX.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Los Diéguez Amoeiro (republicanos, políticos, médicos y farmacéuticos de Verín) Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Zamora Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1838 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos