Latour-de-Carol (en catalán: La Tor de Querol) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Prades e ao cantón de Saillagouse e contaba con 401 habitantes en 2007.

Situada na Alta Cerdaña, no antigo territorio do Rosellón, é atravesada polo río Carol, afluente do Segre. Linda con España, concretamente co concello de Guils de Cerdanya, na provincia de Xirona.

Demografía

Transporte É un paso e vía de comunicación importante, coa súa estación ferroviaria internacional Latour-de-Carol-Enveitg situada na confluencia de tres liñas ferroviarias: cara ao noroeste, polo val do río Ariège cara a Tolosa e París. Ancho internacional (1435 mm), tensión eléctrica de 1,5 kV e alimentación por catenaria. cara ao leste, a liña da Cerdaña (o Tren Amarelo). Ancho métrico (1000 mm), tensión eléctrica de 850 V e alimentación por terceiro carril. cara ao sur, cara a Puigcerdà e Barcelona. Ancho ibérico (1668 mm), tensión eléctrica de 3 kV e alimentación por catenaria. Estas circunstancias fan da estación de Latour-de-Carol-Enveigt un caso único en Europa.

Lugares de interese miniatura|left|250px|O tren Amarelo. A estación de ferrocarril internacional que conecta España con Francia, coa particularidade de ter tres anchos de vía (internacional, vía estreita e ancho español) e tamén tres tipos diferentes de alimentación eléctrica (750 V DC por 3e raíl, 1,5 kV DC, e 3 kV DC). Vestixios e torre medieval do antigo castelo case derrubado totalmente. A torre dá nome á comuna; torre en francés é tour.

Véxase tamén Outros artigos Concellos do departamento dos Pireneos Orientais Ligazóns externas

Latour-de-Carol en Institut géographique national Latour-de-Carol en Insee

Categoría:Concellos do departamento dos Pireneos Orientais