Ezequiel Rey Turnes, nado en Santiago de Compostela en 1889 e finado na mesma cidade en 1977, foi un xornalista, sindicalista, e político galego.

Traxectoria Curtidor do barrio de Casasnovas e despois carpinteiro, foi directivo da Sociedade de Carpinteiros a partir de 1913. Foi delegado no congreso da CNT do Teatro de la Comedia de 1919 representando a seis sociedades obreiras santiaguesas, e nomeado secretario da Federación local de Compostela despois da súa fundación en 1921. Participou o ano seguinte en Vigo no congreso de fundación da CNT galega. Dirixente da Federación Agraria Comarcal de Santiago, promoveu o semanario Lucha Social (1919-1921) e colaborou con ¡¡¡Tierra!!!. En 1922 acadou, xunto a Manuel Fandiño Ricart, a integración de todas as sociedades de Santiago de Compostela na Confederación Regional Galaica. Foi nomeado director de Solidaridad Obrera no plenario rexional do 18 de xaneiro de 1925, cando o periódico foi trasladada da Coruña a Santiago e en decembro dese ano participou da creación da Federación Marítima do litoral galego. Na Segunda República dirixiu Galicia Federal (1931). Foi detido pola Folga xeral revolucionaria de 1934 e procesado. Coa vitoria do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Foi membro do Comité Central de Autonomía de Galicia, representando á Organización Comarcal Agraria. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en liberdade en setembro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas que foi sobresido en 1947.BOE, 30-10-1949, p. 2389.

Nos primeiros anos do franquismo foi membro da Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas (ANFD). Dende mediados dos anos corenta ata os anos setenta colaborou en La Voz de Galicia co pseudónimo Aristarco,"Galicia Federal", El Pueblo Gallego, 18-9-1976, p. 3. e tamén publicou algún artigo co seu nome."Un gallego en el Costa Verde. Pravia", La Voz de Galicia, 3-11-162, p. 9. Tamén colaborou en El Correo Gallego e La Noche."Peculiaridades del campesino gallego", La Noche, 9-6-1962, p. 10."Visión social de nuestro problema agrario", La Noche, 9-2-1963, p. 3. Nos anos sesenta colaborou na revista Vieiros. Finou en Santiago de Compostela en 1977.Hoja Oficial del Lunes, 19-9-1977, p. 19.

Vida persoal

Casou con Antonia Seoane Fuentes, que finou en 1968, e foi pai de Auria, Emilio, Indalecio, Ascensión, Manuela, José, Manuel, Pablo, Luis e Gabriel Rey Seoane.La Voz de Galicia, 20-8-1968, p. 4. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (R)

Cartas do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela

Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1889

Categoría:Finados en 1977