Yago Yao Alonso-Fueyo Sako, máis coñecido como Yago Yao, nado en Abidjan (Costa do Marfil) o 19 de agosto de 1979, é un exfutbolista e adestrador costamarfileño nacionalizado español e ecuatoguineano. Xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria De pai español e nai costamarfileña, formouse na canteira do Sporting de Gijón, Mareo, debutando co primeiro equipo na tempada 1998/98. No verán de 2000 fichou polo Celta de Vigo, que xogaba competición europea. A dura competencia no posto de xogadores como Berizzo, Fernando Cáceres ou Sergio Fernández fixo que seíse cedido, primeiro ao Recreativo de Huelva de Primeira e despois ao Real Oviedo e ao Sporting de Gijón de Segunda División.
Regresou en 2004 ao Celta, onde xogou outras tres tempadas sen ter a continuidade agardada a causa das lesións e a pouca confianza depositada nel polos adestradores. Así deixou o club en 2007 tralo descenso a Segunda e fichou polo Cádiz CF e un ano despois polo Levante UD.
En 2009 volveu a Galiza para fichar polo Montañeros CF e un ano despois polo Coruxo FC.
Coa selección de fútbol Aínda que chegou a debutar coa Selección de fútbol de España sub-18, debutou na categoría absoluta coa Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial.
Notas
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Futbolistas de España Categoría:Futbolistas de Guinea Ecuatorial Categoría:Futbolistas de Costa do Marfil Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Guinea Ecuatorial Categoría:Ecuatoguineanos de ascendencia española Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Costa do Marfil