250px|miniatura|Sede do parlamento autonómico.

As Cortes de Castela-A Mancha (en castelán: Cortes de Castilla-La Mancha) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela-A Mancha. A súa sede atópase no antigo Convento de San Gil, situado na rúa Bajada del Calvario da cidade de Toledo.

As Cortes de Castela-A Mancha son un de tres órganos que conforman a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, xunto co Consello de Goberno e a Presidencia da Xunta de Comunidades. Actualmente están forman 49 deputados representantes das provincias que conforman a Comunidade.

Funcións Entre as funcións das Cortes destacan: Elixir o Presidente da Comunidade Autónoma. Aprobar as leis elaboradas polo goberno autonómico e elevar proxectos de lei ao Goberno nacional. Elixir aos dous senadores que representan a Castela-A Mancha no Senado español.

Composición As Cortes de Castela-A Mancha son un dos tres órganos que conforman a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha e onde reside a vontade popular a través dos 49 deputados elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto. Son elixidas por un prazo de catro anos mediante un sistema proporcional que asegura a representación das diversas zonas do territorio da Rexión. A circunscrición electoral é a provincia. A cada unha delas correspóndelle o seguinte número de deputados: Albacete, 10; Cidade Real, 11; Cuenca, 8; Guadalaxara, 8 e Toledo, 12 (Toledo e Guadalaxara subiron un escano respecto de 2007, polo aumento de poboación). O artigo 10 do Estatuto de Autonomía expón que as eleccións serán convocadas polo Presidente da Xunta de Comunidades, nos termos previstos pola Lei que regule o Réxime Electoral Xeral, de maneira que se realicen o cuarto domingo de maio cada catro anos. A diferenza das comunidades autónomas de País Vasco, Cataluña, Comunidade Valenciana, Aragón, Galicia e Andalucía cuxo presidente ten a potestade de convocar eleccións en calquera momento.

Tralas eleccións ás Cortes de Castela-A Mancha de 2011, o PSOE obtivo 24 deputados e o PP 25. Xa que logo, o PP conseguiu a maioría absoluta. A candidata popular, María Dolores de Cospedal, tomou posesión do seu cargo o 21 de xuño de 2011.

O PSOE foi sempre o partido maioritario en canto a número de escanos desde as primeiras eleccións en 1983 ata 2011, data na que o Partido Popular superouno en escanos e votos. Separadamente de socialistas e populares, tamén obtiveron deputados nalgunha lexislatura IU e CDS.

O 7 de setembro de 2012, nas Cortes de Castela-A Mancha, aprobouse a proposta de reformar puntualmente o Estatuto de Autonomía para reducir á metade o número de deputados, así como a eliminación dos seus soldos para 2013. O 1 de xaneiro de 2013 entrou en vigor o novo réxime retributivo, coa supresión de salarios e o cobro dunha indemnización fixa para 42 dos 49 deputados. A redución de deputados queda aínda pendente ao requirir unha maioría de dous terzos no Congreso para a reforma do Estatuto.

Lista de presidentes I Lexislatura: Francisco Javier de Irízar Ortega (1983-1987) II Lexislatura: José Manuel Martínez Cenzano (1987-1991) III Lexislatura: José María Barreda (1991-1995) IV Lexislatura: José María Barreda (1995-1997) IV Lexislatura: María Carmen Blázquez Martínez (1997-1999) V Lexislatura: Antonio Marco Martínez (1999-2003) VI Lexislatura: Fernando López Carrasco (2003-2007) VII Lexislatura: Francisco Pardo Piqueras (2007-2011) VIII Lexislatura: Vicente Tirado Ochoa (2011-actualidade)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha

Ligazóns externas Cortes de Castela-A Mancha

Categoría:Política de Castela-A Mancha Castela-A Mancha