Johann Friedrich Gmelin, nado en Turinxia (Alemaña) o 8 de agosto de 1748 e finado en Gotinga (Alemaña) o 1 de novembro de 1804, foi un naturalista alemán.

Traxectoria Estudos Johann Friedrich Gmelin, o fillo máis vello do médico Philipp Friedrich Gmelin, naceu en 1748 en Tubinga (Alemaña). Estudou medicina co seu pai,Vera V. e Gregory S. Girolami (1998): PDF School of Chemical Sciences Web Genealogy "Genealogy Database Entry: Gmelin, Johann Friedrich". University of Illinois, Champaign-Urbana. Consultada o 12/07/2013. na universidade de Tubinga, graduándose como doutor en medicina en 1768 cunha tese titulada Irritabilitatem vegetabilium, in singulis plantarum partibus exploratam ulterioribusque experimentis confirmatam, defendida ante un tribunal presidido por Ferdinand Christoph Oetinger,Irritabilitatem vegetabilium in singulis plantarum partibus exploratatam. Ver en liña en MDZ. quen lle deu as grazas coas palabras: Patrono et praeceptore in aeternum pie devenerando, pro summis in medicina obtinendis honoribus. Carreira profesional Despois de obter o seu título emprendeu unha viaxe aos Países Baixos, Reino Unido e Austria.

Gmelin obtivo unha praza de profesor de medicina en Turinxia en 1772, e ao ano seguinte as de filosofía e medicina en Gotinga e, en 1775, as cátedras de química, botánica e mineraloxía. miniatura|250px|Tumba de J. F. Gmelin no cemiterio de Cheltenham Park, Gotinga.

Propiamente dito, Gmelin non foi un zoólogo nin un botánico. Publicou sobre todo traballos de química aínda que supervisou entre 1788 e 1793 a 13ª edición do Systema naturae de Carlos Linneo, que arrequeceu con numerosas modificacións e addendas. Por iso é polo que no sistema binomial de clasificación dos seres vivos o seu nome aparece en varias ocasións.

Johann Friedrich Gmelin foi o pai do químico Leopold Gmelin, e sobriño de Johann Georg Gmelin (1709-1755), explorador, químico e botánico.

Como todos os médicos da súa época, foi un apaixonado de todos os problemas que tiñan relación coas ciencias naturais.

A súa grande obra abarca as máis diversas disciplinas: química, farmacoloxía, medicina, botánica, zooloxía e mineraloxía.

Gmelin está soterrado en Gotinga, no cemiterio de Cheltenham Park, en Gotinga.

Obras Allgemeine Geschichte der Gifte, 2 vols, 1776/77 Allgemeine Geschichte der Pflanzengifte, 1777. Ein Nachdruck der 2. Auflage von 1803 wurde verlegt bei Dr. Martin Sändig oHG, Walluf bei Wiesbaden 1974, ISBN 3-500-26320-8 Allgemeine Geschichte der mineralischen Gifte, 1777 Des Ritters Carl von Linné vollständiges Natursystem des Mineralreichs, nach der zwölften Lateinischen Ausgabe. In einer freyen und vermehrten Übersetzung von J. F. Gmelin. 4 Teile, Gabriel Nicolaus Raspe, Nürnberg 1777–1779.En liña Einleitung in die Chemie, 1780 Beyträge zur Geschichte des teutschen Bergbaus, 1783 Ueber die neuere Entdeckungen in der Lehre von der Luft, und deren Anwendung auf Arzneikunst, 1784 Grundsätze der technischen Chemie, 1786 Abhandlung von der Wurmtrocknis, 1787 "Caroli a Linné, Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio Decima Tertia, Aucta, Reformata" Georg. Emanuel. Beer, Lipsiae (1788-1793); in seconda edizione: J.B. Delamollière, Lugduni Tomo 1: Regnum Animale: Parte 1: Mammalia. pp. [x.] 1–232, 1788.En liña Parte 2: Aves. pp. 233–1032. .En liña Parte 3: Amphibia und Pisces. pp. 1033–1516, .En liña Parte 4: Insecta. pp. 1517–2224, .En liña Parte 5: Insecta. pp. 2225–3020, .En liña Parte 6: Vermes. pp. 3021–3910, .En liña Parte 7: Index. pp. 3911–4120. .En liña Tomo 2: Regnum Vegetabile: Parte 1: Regnum Vegetabile. pp. 1–884, 1791.En liña Parte 2: Regnum Vegetabile. pp. 885–1661, .En liña Tomo 3: Regnum Lapideum. pp. 1–476, 3 Tafeln, 1793.En liña Grundriß der Mineralogie, 1790 Grundriß der Pharmazie, 1792 Geschichte der Chemie, 1799 Allgemeine Geschichte der thierischen und mineralischen Gifte, 1806

Epónimos Entre noventa especies e variedades levan o seu nome na súa honra, como: (Apiaceae) Angelica gmelinii <small>(DC.) Pimenov</small> (Asteraceae) Endocellion gmelinii (Turcz. ex DC.) Panigrahi</small> (Asteraceae) Klasea gmelinii <small>(Tausch) Holub (Asteraceae) Artemisia gmelinii Webb ex Stechm.</small> (Boraginaceae) Batschia gmelinii <small>Michx. (Brassicaceae) Alyssum gmelinii Jord. & Fourr.</small> (Euphorbiaceae) Galarhoeus gmelinii <small>(Steud.) Prokh. (Poaceae) Agropyron gmelinii (Trin. ex Schrad.) P.Candargy</small> (Scrophulariaceae) Calceolaria gmelinii <small>Phil.

Abreviaturas A abreviatura J.F.Gmelin emprégase para indicar a como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

A abreviatura Gmelin emprégase para indicar a como autoridade na descrición e clasificación científica dos animais.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía A. R. Kabat e R. E. Petit (1988): "The two printings of J. F. Gmelin's Systema Naturae, 13ª ed. 1788-1796". The Nautilus 102 (4): 164-166. Roland Hoffmann (2001): "Gmelin 1791 – Schon mal gehört? Wer war das eigentlich?" Club Conchylia Inf. Jahr'' 33 (1-3). Ligazóns externas The International Plant Index

Categoría:Nados en 1748 Categoría:Finados en 1804 Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Micólogos Categoría:Ornitólogos de Alemaña