Emilio Romay Montoto, nado en Betanzos o 4 de xaneiro de 1897 e finado na mesma vila o 10 de febreiro de 1950, foi un avogado e político galego. Traxectoria Fillo de Julio Romay Rodríguez e Concepción Montoto Arias e sobriño de Víctor Montoto Arias. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Betanzos do 8 de febreiro de 1924 ao 17 de xaneiro de 1929. Deputado provincial, foi elixido presidente da Deputación da Coruña o 14 de febreiro de 1929, permanecendo no cargo ata ao 20 de febreiro de 1930. Foi membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das Deputacións provinciais. Volveu ser presidente da Deputación na ditadura franquista (do 28 de outubro de 1939 ao 10 de febreiro de 1950). Foi procurador nas Cortes franquistas (1946-1949) como representante das Deputacións provinciais. Foi tamén presidente da Unión Territorial de Cooperativas del Campo.
Vida persoal Casou o 3 de maio de 1930 con María de las Mercedes Beccaría Loureda e foi pai de Emilio, María de las Mercedes, Julio e José Manuel Romay Beccaría.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Los Becerra y los Romay de Betanzos Emilio Romay Montoto (fisonomía a grandes trazos)
Categoría:Alcaldes de Betanzos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1950