A mineraloxía é a ciencia que estuda os minerais e as súas propiedades físicas e químicas. Por mineral entendemos unha materia de orixe inorgánica, que presenta unha composición homoxénea e que acostuma presentarse en estado sólido e cristalino á temperatura media da terra. Así e todo, hai minerais, como a auga e o mercurio, en estado líquido. En contraste, a petroloxía estuda as pedras e as rochas, que teñen composición química tamén inorgánica pero heteroxénea.
Un mineral defínese pola súa composición e pola súa cristalografía. Por exemplo, se o carbono cristaliza no sistema cúbico recibe o nome de diamante; en cambio, se cristaliza no sistema hexagonal, coñécese como grafito. Só pola súa aparencia xa se recoñece que son dous minerais diferentes, pero en realidade teñen mesma composición química.
Cristalografía. Mineraloxía física. Mineraloxía química. Mineraloxía descritiva. Mineraloxía determinativa. Mineraloxía óptica. miniatura|Detalle da colección de rochas de Galicia, de Guillermo Schulz (1832-1834), conservada no Museo Xeomineiro (do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, en Madrid).|centro Véxase tamén Petroloxía e petrografía Xeognosia Cristaloquímica Cristal Rocha Xema Xemoloxía Asociación Mineralóxica Internacional
Categoría:Petroloxía Categoría:Xeoloxía