Hannah Mancini, nada en Fresno (California) o 12 de marzo de 1980, é unha cantante estadounidense radicada en Eslovenia.

Traxectoria Participou na final do proceso de selección esloveno para o Festival da Canción de Eurovisión 2011 xunto a Sylvain e Mike Vale coa canción "Ti si tisti". Dous anos despois, foi elixida internamente para representar a Eslovenia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 coa canción "Straight into love", aínda que non pasou á final, quedando na primeira semifinal na última posición con tan só oito puntos (5 dos Países Baixos e 3 de Montenegro).Resultados da primeira semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2013

Na súa carreira, Hannah tamén traballou en bandas sonoras de Disney e tivo á oportunidade de colaborar no estudio con compositores como Todd Chapman e o produtor cun Grammy, Larry Klein. Tamén actuou no Show de Jay Leno.Hannah representará a Eslovenia no Festival da Canción de Eurovisión 2013

Discografía Singles "Ti si tist" (con Sylvain e Vale Mike) (2011) "Straight Into Love" (2013)

Notas

Categoría:Representantes de Eslovenia en Eurovisión Categoría:Cantantes de Eslovenia Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Fresno