Jorge García Torre, coñecido como Jorge, nado en Xixón o 13 de xaneiro de 1984, é un futbolista profesional español. Xoga como defensa central na Unió Esportiva Llagostera da Segunda División.

Traxectoria Nado na cidade asturiana de Xixón, Jorge comezou nos equipos de fútbol base do Estudiantes de Somió antes de incorporarse á canteira do Real Sporting de Gijón. No ano 2000, durante a súa etapa en categoría cadete, proclamouse campión de España cos xixoneses.

No ano 2003, debutou co Real Sporting de Gijón "B" e, posteriormente, fíxoo tamén co primeiro equipo na tempada 2005-06 da man do adestrador Ciriaco Cano. Na campaña 2007-08, formou parte dos xogadores que lograron o ascenso a Primeira División do Sporting, sendo titular no partido definitivo ante o Eibar no estadio El Molinón.

No verán de 2009, despois dunha tempada con pouca participación en Primeira, foi cedido ao Club Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División. Unha vez finalizado o período de préstamo regresou ao Sporting para a campaña 2010-11 en Primeira. Tras contar, de novo, con poucos minutos no conxunto branquivermello, decidiu desvincularse do club en agosto de 2011 para fichar polo Real Murcia C. F., onde se converteu nunha das pexas fundamentais do once na súa etapa en Segunda División. O 16 de xullo de 2013 converteuse en novo xogador do Club Deportivo Lugo da mesma categoría, onde tras non gozar de minutos de xogo rescinde o seu contrato e asina co UE Llagostera.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesSporting de GijónSegunda2005–2006381Sporting de GijónSegunda2006–2007302Sporting de GijónSegunda2007–2008312Sporting de GijónPrimeira2008–2009120GimnàsticSegunda2009–2010343Sporting de GijónPrimeira2010–201150Real MurciaSegunda2011–2012374Real MurciaSegunda2012–2013270LugoSegunda2013–2014110LlagosteraSegunda2014–2015160

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Perfil en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do UE Llagostera