miniatura|Retrato de Franz Abt, da portada dunha edición das súas cancións Franz Wilhelm Abt, nado o 22 de decembro de 1819 e finado o 31 de marzo de 1885 foi un compositor e director coral alemán.Chambers Biographical Dictionary, ISBN 0-550-18022-2, page 5 Compuxo arredor de 3000 obras, a maioría de música vocal. Moitas das súas cancións cantáronse universalmente no seu tempo, e lograron un lugar no repertorio popular, facéndoo del un recoñecido director coral e pasando boa parte dos seus últimos trinta anos de vida como director convidado de coros en Europa e nos Estados Unidos.
Traxectoria
Abt naceu en Eilenburg na Saxonia prusiana, fillo dun pastor protestante e pianista de talento, quen lle deu as primeiras leccións musicais. Máis tarde estudou teoloxía e música na Thomasschule Leipzig e na Universidade de Leipzig e fixo amizade con Albert Lortzing, Felix Mendelssohn e Robert Schumann.Edward F. Kravitt: "Franz Abt", Grove Music Online ed. L. Macy (Accessed January 18, 2009), (subscription access)
Despois de morrer seu pai en 1837, Abt deixou os seus estudos teolóxicos para se centrar enteiramente na música, comezando a compoñer e publicar música, na súa maior parte obras para piano pensadas para a súa interpretación nos salóns de Leipzig. En 1841 Abt converteuse en kapellmeister en Bernburg e pouco despois en Zürich, converténdose en inmensamente popular, frecuentemente dirixindo composicións propias e dirixindo case todos os coros da cidade. En 1852 Abt volveu a Alemaña para se converter en director do teatro da corte en Braunschweig, posición que ocupou ata 1882.. Ao tempo seguía a dirixir coros, así en 1855 nomeárono director da Hofkapelle e dirixiu numerosos coros como director convidado por toda Europa, desenvolvendo unha reputación internacional, e en 1872 realizou unha xira polos Estados Unidos. En 1882 debido a súa febril actividade caeu enfermo, retirándose a Wiesbaden, onde morreu en 1885.
Música
Abt conta cun repertorio de máis de 600 números opus, que abranguen máis de tres mil cancións; foi especialmente prolífico na escrita de cancións para coros masculinos, xa que consideraba que carecían dun repertorio variado, malia iso compuxo tamén numerosas obras para voz solo e mesmo cancións para nenos. Por mor do seu estilo melódico e simple algunhas das súas cancións, como Wenn die Schwalben heimwärts ziehn, canción que foi enormemente popular Chris Walton (2007) Richard Wagner's Zurich: The Muse of Place. Camden House, páx. 117, ou Die stille Wasserrose son facilmente confundidas con xenuinas cancións populares tradicionais. Abt escribiu tamén tres óperas, Des Königs Scharfschütz, Die Hauptprobe e Reisebekanntschaften.
Notas
Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Nados en 1819 Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Finados en 1885