Hércules foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1917 e 1928.

Historia e características Subtitulada Tribuna Independiente, apareceu en 1917 co lema Por el progreso y cultura general de Galicia. Sucedeu a El Eco de Teo, sendo a dirección e os contidos os mesmos, o cambio de nome obedece a que agora pasa a ser o órgano de prensa da Federación de Sociedades Agrarias e Instrutivas da Provincia da Coruña. Entre as cinco sociedades fundadoras da Federación atopábanse as dúas de Teo e Vedra que editaban El Eco de Teo. O seu director foi Juan Gestoso. Recolle noticias da actualidade galega, de arte e cultura e artigos sobre algúns concellos e parroquias da provincia da Coruña, nos que se critica especialmente a súa situación económica e social. Mantivo polémicas con El Agrario Barcalés.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Cerdeira Louro, Jorge e Botana Iglesias, Rocío (2009). A emigración en Vedra ISBN 978-84-692-7532-0.

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires