Antonio de la Riva Lara, nado en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade o 3 de outubro de 1969Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 4-10-1969, p. 12., foi un empresario e financeiro galego.
Traxectoria Empezou traballando na Casa Simeón, na que chegou a xerente. Casou cunha filla do banqueiro Olimpio Pérez Rodríguez. En 1909 uniuse con Hijos de Simeón García para constituír Hijos de Simeón García y Compañía, en Santander. Dende 1936 era presidente do consello de administración do Banco de Crédito e Inversiones (antes Banco de Hijos de Olimpio Pérez). Foi presidente do Centro Gallego de Santander.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Los orígenes del Banco Simeón: Evolución de los negocios de Simeón García de Olalla y de la Riva (1857-1983), de María Jesús Facal Rodríguez.
Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en Santiago de Compostela