La Voz del Agro foi un periódico quincenal editado na Coruña entre 1932 e 1933.
Historia e características Órgano de expresión do Partido Agrario Radical Gallego, apareceu en novembro de 1932.El Compostelano, 28-11-1932, p. 2.La Voz de Galicia, 29-11-1932, p. 6. Dirixido por Amador Rodríguez Guerra, a publicación marcouse como obxectivo:
No segundo número, que apareceu a finais de 1932, recóllese a instancia dirixida ao presidente do Consello de Ministros na que se pide que "cese la persecución contra vitales intereses de Galicia".La Voz de Galicia, 20-12-1932, p. 8. No cuarto número, publicado en febreiro de 1933, Amador Rodríguez recolle novamente a preocupación polas dificultades de transporte nun artigo dirixido ao Director Xeral de ferrocarrís.La Voz de Galicia, 10-2-1933, p. 5. O último número do que hai noticia é o seis, aparecido en xuño de 1933, no que se insire o programa do Partido Agrario Radical Gallego.La Voz de Galicia, 29-6-1933, p. 6.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa agraria Categoría:1932 en Galicia