Luis Plaza Rey, nado en Santiago de Compostela en 1878, foi un ebanista e sindicalista galego.

Traxectoria Ebanista de ideario anarquista, empregado no obradoiro de Jesús Landeira, foi con José Pasín Romero un dos líderes da Sociedad de Carpinteros y Ebanistas de Compostela a finais do século XIX. Emigrou a Lisboa a principios de século XX, onde instalou un obradoiro de ebanistería e casou en 1905.Noticiero de Vigo, 2-12-1905, p. 1. Organizou o Centro de Sociedades Obreras en Vigo e en novembro de 1910 asistiu ao Congreso fundacional da CNT en Barcelona como delegado de tres sociedades de resistencia viguesas. En marzo de 1911, xunto con Juan Nó, foi un dos fundadores da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia. Volveu a Lisboa, foi detido e estivo preso en 1912.El Regional, 9-2-1912, p. 1. Despois exerceu como director dun periódico anarquista. Desde Lisboa enviou colaboracións a La Voz del Obrero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CNT

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1878 Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Ebanistas