Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Integran o municipio as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova das Frieirasusuarios.multimania.es/aureano/galicia_portelas.htm.

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.. O xentilicio é «».

Topónimo Pías e o veciño Porto pertenceron á Encomenda de Castrotorafe. É citado como «un villar que uocitant Pilas» en 1154, pero xa Pias en 1198 e sucesivamente: «de Porto et de Pias quia non est de commenda de Senabria nec de Roureda» (1222), «inter Pias et Villamnouam» (1226). Trátase sen dúbida da forma galega de "pía" (concavidade escavada en pedra), cuxa orixe pode ser tanto a referencia a un elemento da cultura pastoril como, máis probablemente, a un resto arqueolóxico sobranceiro, como unha sepultura antropomorfa en pedra. Se non alude a unha sepultura escavada en rocha, pode ser outra a explicación. Máis probable que un bebedoiro, é a referencia a cavidades picadas nunha lancha ou rocha plana que aflora ao chan. En Paradela de Mogadouro (Portugal), dise dunha paraxe chamada Lombo das Pías que foi obra de pastores e cabreiros que as usaban como recipiente para a muxidura directa do gando durante as merendas; alí se migaba, sobre a rocha, o pan de centeo.PEREIRA, Ana Maria Pires Palhas (2002) 'Paradela, Mogadouro, terra de histórias sem idade', Medisa. O mesmo acontecía nas Hurdes, onde tales cavidades servían para a muxidura in situ e o almacenamento de leite das cabras.BARROSO GUTIÉRREZ, Félix (1993) 'Las Hurdes: visión interior'. Centro de Cultura Tradicional. Deputación de Salamanca.RIESCO CHUECA, Pascual (2000) Medio natural y poblamiento en la toponimia mayor de Zamora, extraído del Anuario 2000, Instituto de Estudios Zamoranos "Florián de Ocampo". Deputación de Zamora, páx. 449-500.

Poboación Pías posúe unha poboación moi avellentada. En 2020, a metade os veciños (50,5%) tiña máis de 65 anos. Só 3 dos 111 habitantes era menor de idade e 6,3 % do total da poboación ten menos de 30 anos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mancomunidade de Alta Seabra

Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía