José Creo Liste, nado en 1884 e finado na Coruña o 2 de xuño de 1920, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria Carpinteiro de oficio, militante anarcosindicalista. Foi un dos fundadores da Sociedad de Camareros Marítimos La Cosmopolita (1905) e participou no grupo editor do periódico La Acción (1908). Foi directivo do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi desterrado a Arzúa en 1910; despois marchou a Cuba, retornando en 1911. Foi secretario da Sociedade de Camareros e presidente da Sociedade de Camareros Marítimos (1913), presidente da Sociedad de profesiones varias (1914) e secretario da Sociedad de carpinteiros (1916). Foi desterrado a Baltanás polo paro xeral de 1919 en solidariedade coa folga de La Canadiense. Colaborou en La Voz del Obrero. Finou na Coruña o 2 de xuño de 1920."Riña sangrienta" en El Compostelano, 4-6-1920, p. 3.

Vida persoal Casou con Teresa Guilabert Bargueiras en 1913.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas de Galicia

Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados en 1884 Categoría:Carpinteiros Categoría:Anarcosindicalistas