José Suárez Duque, nado na Coruña en 1872 e finado na mesma cidade o 17 de setembro de 1923, foi un sindicalista, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Carpinteiro de ideario anarcosindicalista, foi membro da directiva da Sociedad de Obreros Carpinteros La Emancipación dende a súa creación en 1895. Un dos cadros máis sinalados da Federación Sindical Obrera, participou nun mitin de controversia co socialista José Rodríguez en 1901. Implicado no asasinato do presidente da patronal coruñesa (1906), trasladouse a Xixón, onde coñeceu a Ricardo Mella e Eleuterio Quintanilla e dirixiu o periódico Tiempos Nuevos. Despois marchou a Francia desde onde enviou crónicas a La Voz del Obrero asinadas co pseudónimo Celso Dotet. Representou ao anarcosindicalismo coruñés no Congreso Sindical de Londres (1913) e na Conferencia Nacional Anarquista de Barcelona (1918). Retornado a Coruña en 1920, foi elixido secretario da Confederación Rexional Galaica constituída o 21 de agosto de 1922 no Salón "Ideal Cinema" de Vigo. Dirixiu Solidaridad Obrera, o voceiro da CRG. Faleceu de tuberculose un ano despois.

Obras Una sociedad que muere, 1901 (teatro). La muerte de un partido, 1913.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público