A Praza Stanislas, coñecida coloquialmente como praza Stan, é unha gran praza peonil de Nancy, Lorena, Francia. Dende 1983, o conxunto arquitectónico que comprende a Praza Stanislas, a Praza de la Carrière e a Praza d'Alliance, están incluídas na lista da UNESCO de lugares Patrimonio da Humanidade.
Características Os arquitectos Emmanuel Héré e Jacques-François Blondel foron os encargados do seu deseño. Ten unhas proporcións de (106 x 124 m) e está rodeada polas súas esquinas dunha ferrería monumental recuberta de follas de ouro obra do escultor Jean Lamour. No seu centro, onde outrora se erguía a estatua de Lois XV, hoxe está a estatua en bronce de Stanislas Leszczyński.
A praza é o centro neurálxico e histórico de Nancy, e está rodeada por importantes edificios que ademais forman parte do seu conxunto, como: L’Hotel de Ville O Hotel da raíña O Teatro da Ópera O Museo de Belas Artes
700px|miniatura|center|Panorama após a renovación de 2004-2005.
Véxase tamén Ligazóns externas Praza Stanislas na UNESCO
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia Categoría:Prazas de Francia