Vacas é un filme dirixido por Julio Medem que se estreou en 1992. Protagonizada por Carmelo Gómez, Emma Suárez, Ana Torrent e Karra Elejalde. Conta a historia dunha inquietante saga familiar ambientada no País Vasco rural. O filme percorre a historia entrelazada de tres xeracións de dúas familias veciñas entre 1875 e 1936. É a primeira longametraxe de Julio Medem, coa cal gañou o Premio Goya ó mellor director novel en 1992. Contou na dirección artística coa colaboración do pintor Vicente Ameztoy.

Sinopse Ó longo de tres xeracións, dúas familias dun pequeno val guipuscoano manteñen relacións tortuosas, marcadas pola violencia e as paixóns. A historia comeza en 1875. Nunha trincheira carlista, durante a guerra, un aizkolari logra salvar a vida manchándose co sangue dun dos mortos, e deixándose amontoar cos cadáveres. A presenza dunha vaca prodúcelle unha estraña sensación, que o obsesionará.

Personaxes Carmelo Gómez como Manuel/ Ignacio / Peru Emma Suárez como Cristina Ana Torrent como Catalina Karra Elejalde como Ilegorri / Lucas Txema Blasco como Manuel Kandido Uranga como Carmelo / Juan Klara Badiola como Madalen Pilar Bardem como Paulina

Galardóns e nomeamentos 1993: Goya ó mellor director novel. Premiada en Montreal e Toquio.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes do País Vasco Categoría:Filmes dirixidos por Julio Medem Categoría:Filmes sobre a guerra civil española Categoría:Filmes ambientados no País Vasco Categoría:Filmes ambientados en 1875 Categoría:Filmes ambientados en 1905 Categoría:Filmes ambientados en 1915