O Xuncal é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2008 tiña 232 habitantes.
Recibe o seu nome (ó igual que o da parroquia) polas súas características xeográficas e xeolóxicas. Debido a grande abundancia que houbo (e nalgúns sitios hai) de xuncos e ramallos, así coma terreos pantanosos e xunqueiras. Estes terreos dan á zona unha gran riqueza e variedade de flora e fauna.
O Xuncal divídese en dous polo río Groba que vai desembocar á praia da Ladeira. Durante a posguerra, no período da autarquía do franquismo, construíronse en dito río dous muíños. Na actualidade un deles desapareceu por mor da construción do Club de Tenis Monterreal, e o outro foi restaurado para facer nel un restaurante.
Lugares e parroquias
Lugares de Santa Cristina da Ramallosa
Parroquias de Baiona
Categoría:Lugares de Baiona