Baltasar Moscoso Sandoval, nado o 9 de marzo de 1589 en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665 foi un cardeal da Igrexa Católica.
Biografía Era fillo do conde de Altamira, Lope Moscoso Ossorio, e sobriño do duque de Lerma e cardeal Francisco de Sandoval Rojas, valido do rei Filipe III, e tamén parente do cardeal Bernardo Sandoval Rojas.
Por mor das influencias familiares tivo unha carreira rápida e de importancia. Foi nomeado cardeal cando tiña tan só 26 anos polo papa Paulo V, e recibiu de Filipe III a tarefa de solicitar da Santa Sé a súa intervención contra os protestantes.
En Navalcarnero, o 17 de outubro de 1649 foi o encargado de oficiar o casamento do rei Filipe IV con Mariana de Austria. Foi tamén supremo Chanceler de Castela e conselleiro de Estado, nomeado por Filipe IV.
Bispo de Xaén do 29 de abril de 1619 ao 28 de maio de 1646. Durante o seu mandato fixéronse grandes obras na Catedral. Arcebispo de Toledo do 28 de maio de 1646 ao 17 de setembro de 1665.
Está enterrado na catedral de Toledo, na capela do Descendemento.
Véxase tamén Ligazóns externas Catholic-hierarchy.org Gcatholic.org Don Baltasar Moscoso y Sandoval, el Cardenal de Santa Potenciana, personaje clave en el desarrollo cultural de Jaén durante la primera parte del siglo XVII .
Categoría:Cardeais de España Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1589 Categoría:Finados en 1665 Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Arcebispos e bispos de Toledo Categoría:Cardeais creados por Paulo V