dereita|miniatura|A doazón de Pipino o Breve ao papa Estevo III (754). A Promissio Carisiaca (en latín, Promesa de Quierzy), coñecida tamén como Donatio Carisiaca, doazón de Pipino, tratado de Quierzy ou doazón de Quierzy, foi un acto a través do cal Pipino o Breve no 754 lle prometeu ao papa Estevo IIIOu Estevo II, dado o problema coa numeración dos papas deste nome, véxase Estevo II, papa. a restitución das terras tomadas ao Imperio bizantino polo rei longobardo Aistolfo. O territorio en cuestión correspondía na súa maioría ao Exarcado e á Pentápole.A. Cortonesi "Il Medeoevo: profilo di un millennio", Roma: Carocci Edetore 2008, pp. 70-73 O tratado está testemuñado por algunhas fontes, pero é de existencia incerta.

Historia Os termos do acordo eran que Pipino se comprometía a deter coas armas os longobardos e a obrigar o seu rei a restituír as terras antes pertencentes ao Exarcado de Rávena e ao Ducado romano. Ademais, o papa Estevo III consagraba solemnemente a dinastía carolinxia e concedíalle a Pipino o título de Patricius Romanorum (protector de Roma).

O futuro rei dos francos e o Pontífice xa tiveran anteriormente outros encontros, nun intento de persuadir a Aistolfo a restituír os territorios sen recorrer ás armas. Unha primeira asemblea de grandes notábeis tivera lugar en Braisne-sur-Vesle (nas Ardenas, 1 de marzo de 754) e unha segunda en Quierzy (en Picardía), o 14 de abril, día de Pascua, na cal se decidiu facerlle a guerra cos longobardos.

As terras que foron reconquistadas foron despois efectivamente doadas á Igrexa en 756, sancionando a creación do Estado Pontificio, de facto xa instituído pola doazón de Sutri.

O adxectivo carisiaca deriva do nome latino de Quierzy (Carisium). Notas

Véxase tamén Outros artigos Doazón de Constantino Doazón de Sutri Poder temporal Estado Pontificio

Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:754 Categoría:Historia medieval de Francia Categoría:Historia de Italia do século VIII Categoría:Historia de Francia do século VIII