O Plan Piloto de Brasilia foi un proxecto levado a cabo por Lúcio Costa, vencedor do concurso de 1957 de cara á creación urbanístico para a nova capital do Brasil no Distrito Federal.

Características

A forma do plano está inspirado nunha cruzGuía de Brasilia - histórico Memorial do Plano Piloto de Brasília . O formato da área compárase, comunmente, co plano dun avión, aínda que Lúcio Costa defendeu a tese de que a Capital Federal podía compararse cunha bolboreta.A História de Brasília: Um pouco sobre Lúcio Costa Os primeiros passos da capital . SECOM - Secretaria de Comunicação da Universidade de Brasília (UnB) O proxecto consistiu basicamente nun eixo central (chamado popularmente Eixão ou Eixo Rodoviário) no sentido norte-sur; e un Eixo Monumental, no sentido leste-oeste. A creación arquitectónica dos monumentos centrais foi deseñada por Oscar Niemeyer. O Eixo Rodoviário está formado polas Ás Norte e Sur, e por unha parte central, onde se encontran as "ás" que forman a estrada principal. Nas "ás" creáronse os grandes quinteiros residenciais, os quinteiros comerciais e os entre-quinteiros de lecer (onde tamén hai escolas e igrexas). O Eixo Monumental componse da "Esplanada dos Ministérios" e da Praza dos Tres Poderes, ao leste; da estación de autobuses, sectores das autoridades, comerciais, lecer e hoteleiros, no centro; e da Torre de TV de Brasilia, do sector deportivo, estadio Mané Garrincha, autódromo e Praza Burití, ao oeste.

O nome de Plan Piloto, orixinariamente atribuído ao proxecto urbanístico da cidade, pasou a ser o nome para designar toda a área construída segundo este plano inicial. Hoxe o Plan Piloto e o Parque Nacional de Brasilia constitúen a chamada Rexión Administrativa I (Brasilia), denominada comunmente como Brasilia.

O Plan Piloto, denominado como Brasilia, é Patrimonio Mundial da Humanidade dende 1987.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Oscar Niemeyer Lúcio Costa Juscelino Kubitschek

Ligazóns externas Brasilia -UNESCO World Heritage Site

Categoría:Urbanismo Categoría:Brasilia